Novas 2013

COMPETICION

18 Xul 2013

IV. BANDEIRA IBERDROLA, A ÚNICA DA TEMPADA NA MODALIDADE DE CONTRA O RELOXO

IV. BANDEIRA IBERDROLA, A ÚNICA DA TEMPADA NA MODALIDADE DE CONTRA O RELOXO

Pasai Donibane porá a proba os nervos dos deportistas; previamente, disputarase a regata da Liga Guipuscoana

Pasai Donibane acollerá o sábado pola tarde a 8ª regata puntuábel da Liga San Miguel – Coroa La Caixa. Pasaia é especial, pola súa canle de entrada ao porto, e as súas dimensións. Por isto, a regata vaise disputar na modalidade de contra o reloxo. Disciplina difícil onde as haxa, cada embarcación nunha loita contra si, cruzándose coas contrincantes continuamente.

Esta tarde presentouse no Concello de Pasai Donibane a IV. BANDEIRA IBERDROLA, que se celebrará a partir das 18h00. Á convocatoria acudiron os directivos de San Juan Iberdrola, los Sres. Juan Angel Intxausti y Beñat Mendizabal, la teniente-alcalde de Pasai Donibane, la Sra. Oihane Oronoz, y o presidente de la Federación Guipuscoana de Remo, Sr. Iñigo Alkain.

Dobre é o menú do que han poder gozar os pasaitarras, e todos aqueles afeccionados que se acheguen á ría de Pasaia. De primeiro prato, liga guipuscoana de mulleres (tamén en contra o reloxo), e media hora máis tarde, 8ª regata puntuábel da Liga San Miguel, con máis igualdade que nunca. Tras da disputa de 7 regatas, cinco vencedores diferentes, e prognóstico difícil por moi experto que se sexa na materia. Pasai Donibane pode apretar aínda máis a clasificación xeral. As tres quendas decidiranse en base á devandita clasificación xeral.

Voltar