Novas 2015

ESPECIAL

12 Xan 2015

Iñigo Lois marca o ritmo da #PlaylistDeXaneiro

Iñigo Lois marca o ritmo da #PlaylistDeXaneiro

O remeiro de San Pedro Ecolmare compilou unha listaxe na que se mestura o hardrock melódico con algunhas das cancións máis pop do momento

Chega un novo ano e con el tamén unha nova playlist. E neste caso o peso de lle pór ritmo a este primeiro mes de 2015 recae sobre Iñigo Lois, remeiro de San Pedro Ecolmare, quen nos trae unha listaxe con diferentes contrastes. Exemplo disto é a introdución dunha canción de Manic Bloom, unha banda de Nashville que malia non ter moita sona, pouco a poco vai facéndose un oco na escena internacional grazas a temas como ‘Running from the Scence’. Outro claro exemplo desta rama máis melódica do punk-rock, e que por momentos os seus acordes nos levan a crer estar escoitando á mítica banda Pennywise, é ‘All I Want’ de A Day To Remember.

Aínda que como diciamos, tamén cede espazo a outros grupos máis afeitos a se pasearen por escenas comerciais como o caso de 30 Second to Mars, The Script ou o propio Linkin Park. Destaca a presenza, pola súa falta de ligazón coa tendencia que marcaba ao longo da playlist, do ‘Pompeii’ de Bastille, ‘Troublemaker’ de Olly Murs ou o xa mítico ‘Gabak Zeureri Begira’ do grupo vizcaíno Gatibu

#PlaylistdeXaneiro

1- Running from the scene - Manic Bloom

2- All I want - A Day to Remember

3- Closer to the edge - 30 Seconds to Mars

4- Ripped away - This Wild Life

5- Hall of fame - The Script

6- Coming home – Diddy / Dirty Money

7- Superheroes - The Script

8- Pompeii - Bastille

9- Numb - Linkin Park

10- Waiting ll night - Rudimental (feat. Ella Eyre)

11- Gabak zerueri begire - Gatibu

12- Some nights – Fun.

13- When the stand together - Nickelback

14- I'm Made of Wax, Larry, what are you made of? - A Day to Remember

15- You're gonna go dar, kid - The Offspring

16- The kids aren't alright - The Offspring

17- In the end - Linkin Park

18- Burn it to the ground - Nickelback

19- Troublemaker - Olly Murs

20- Puppy love - This Wild Life

Voltar