ACT TV 2015

ESPECIAL

09 Feb 2015

Hondarribia Orsa predica nas súas augas

Hondarribia Orsa predica nas súas augas

A ‘Ama Guadalupekoa’ vence no descenso do sábado, seguida moi de perto por San Juan Iberdrola, quen tamén baixou dos 20 minutos

Este sábado en Hondarribia, nunha tarde fría mais soleada, disputouse a Hondarribiko XV. Traineru Jaitsiera até a que se achegaron un total de 21 traíñas. Malia se tratar dun teste cuxo obxectivo era atopar sensacións, houbo traíñas que fixeron unha declaración de intencións de cara a vindeira Liga San Miguel. Como é o caso de Hondarribia Orsa, vixente campión da Coroa “la Caixa”, e San Juan Iberdrola, sendo ambos quen de baixar da barreira dos 20 minutos.

Así e todo, a vitoria ficou na casa e é que a ‘Ama Guadalupekoa’ marcou un tempo de 19’50’’46, seguido por San Juan Iberdrola que deixou sete segundos frente os verdes. A terceira posición foi para Portugalete Eulen a 17 segundos, mentres que a ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare perdeu 22 segundos. A quinta posición foi para Hondarribia Orsa B e Astillero foi sexto con un tempo de 20’39’’11.

Unha das notas positivas da xornada foi a presenza do Club de Rem Badalona, quen despois de percorreren na madrugada do venres para o sábado os case 600 quilómetros que separan a localidade catalá da guipuscoana, presentáronse  en Hondarribia con dúas tripulacións: unha masculina e outra feminina.

Voltar