Novas 2013

COMPETICION

17 Xul 2013

FESTA AMARELA EN ORIO O VINDEIRO DOMINGO: XXIII. ORIOKO ESTROPADAK - ORIO KANPINA BANDERA

FESTA AMARELA EN ORIO O VINDEIRO DOMINGO: XXIII. ORIOKO ESTROPADAK - ORIO KANPINA BANDERA FESTA AMARELA EN ORIO O VINDEIRO DOMINGO: XXIII. ORIOKO ESTROPADAK - ORIO KANPINA BANDERA

A traíña anfitrioa chega á súa casa na crista da onda, e con opción de conseguir o liderado da Liga San Miguel

A Liga San Miguel – Coroa La Caixa vaise achegando ao seu ecuador. Este domingo, 17 de jullo, vaise celebrar en Orio a 9ª regata puntuábel da tempada: XXIII. Orioko Estropadak - Orio Kanpina Bandera. A presentación da Bandeira levouse a cabo no camping de Orio, e a ela asistiron o Sr. Ibon Huegun, presidente do club de remo Orio, e o Sr. Beñat Solaberrieta, alcalde de Orio.

A regata comezará coa disputa da 3ª regata puntuábel da Liga Euskotren. Liga na que de momento Zumaia Salegi Jatetxea Itziar venceu nas dúas primeiras regatas. A regata feminina disputarase a dous longos e unha ceavoga, e xunto con Zumaia participarán outras tres embarcacións guipuscoanas: Hibaika Jamones Ancín, Orio Babyauto e San Juan Iberdrola.

Unha vez finalizada a regata feminina comezará a regata masculina, co grande aliciente de que a traíña da casa, Orio Babyauto, poida acceder ao liderado da Liga San Miguel. En vésperas da regata, Kaiku Ambilamp encabeza a clasificación da liga con 71 puntos, dous máis que Orio. Os aguiluchos chegan á regata do seu municipio despois de conquistaren a bandeira de Pedreña, e esquecer de vez a pasada tempada, na que remaron na ARC. A composición das quendas estabelecerase en base á clasificación da 8ª regata puntuábel, disputada na véspera en Pasai Donibane.

Voltar