ACT TV 2015

ESPECIAL

17 Set 2015

El Corte Inglés pecha a tempada

El Corte Inglés pecha a tempada

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XLV GP - XLI Bandeira El Corte Inglés no andar superior do edificio de El Corte Inglés de Bilbao

O domingo a partir das 12:00 horas porase en xogo a XLV GP - XLI Bandeira El Corte Inglés, correspondente á décimo novena e derradeira xornada da tempada, que será a encargada de por punto final á Liga San Miguel 2015. A competición volverá á ría de Portugalete para rematar o percorrido que comezaron hai xa tres meses en augas de Málaga. Esta regata desputarase nunha distancia de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas.

A composición de quendas para esta Bandeira El Corte Inglés farase en base á clasificación xeral da Liga San Miguel tras repartirense os puntos colleitados na XXXIII. Bermeo Hiriko Bandeira da véspera en Bermeo. Previa á desputa da regata da Liga San Miguel, porase en xogo a segunda xornada do playoff onde coñeceremos os dous clubs que conseguirán unha praza na Liga San Miguel 2016. Esta segunda xornada do playoff desputarase tamén en formato contra o reloxo, con unha orde de saída inversa ao resultado do día anterior na primeira xornada desputada en Bermeo.

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da XLV GP - XLI Bandeira El Corte Inglés no andar superior do edificio de El Corte Inglés de Bilbao, onde estiveron presentes Carmelo Lezana, representante de El Corte Inglés; Mikel Torres, alcalde de Portugalete; y José Manuel Ortiz, miembro de la Junta Directiva de la ACT.

Voltar