Novas 2023

ASOCIACION

14 Dec 2023

Derradeira asemblea do 2023

Derradeira asemblea do 2023 Derradeira asemblea do 2023

Os socios da ACT reuniranse este sábado para pecharen o ano 2023.

Este sábado, 16 de decembro, ás 10:00 os socios da Asociación de Clubs de Traiñeiras encontraranse na sede da ACT para daren por rematado o 2023.

Na 6ª sesión ordinaria deste ano repasarán os temas ligados coa administración e xestión da asociación. Ademais, debatiranse aspectos relacionados con diferentes normativas das competicións de traiñeiras.

As traiñeiras, presentes tamén na Regata do Galo

Tamén este sábado, catro das traiñeiras pertencentes á ACT competirán pola Bandeira do Galo, competición integrada na celebración do 125 aniversario do Real Club Marítimo del Abra.

Kaiku, Zierbena, Lekittarra e Ondarroa serán as embarcacións a loitaren pola bandeira nun formato por parellas (dous longos e unha ceavoga) a competición iniciarase ás 12:30 e desputarase no campo de regatas de Portugalete e Santurtzi. Contará con quenda final e quenda de consolación.

Voltar