Novas 2021
COMPETICION
12 Ago 2021
CR Ares non participará en Zarautz por COVID-19 no plantel
O equipo da comarca de Ferrol non viaxará esta fin de semana logo de se coñecer un caso positivo no seu plantel
A dobre xornada que se desputará en Zarautz esta fin de semana contará con 11 traiñeiras, ao se coñecer un caso positivo por COVID-19 nas filas de CR Ares.
O conxunto de Ares notificou o positivo por COVID-19 nunha proba realizada a un deportista, polo que, seguindo as indicacións dos protocolos de actuación da ACT e as Autoridades Sanitarias, o plantel terá que facer corentena.
Deste xeito, CR Ares non participará esta fin de semana na dobre xornada de Zarautz da Zarauzko XLIV. Ikurriña.