Novas 2021
COMPETICION
12 Xul 2021
Como se escolle o Mellor Patrón CaixaBank e a Mellor Patroa da Liga Euskotren?
Repasamos como é que se calculan os 6 puntos en xogo en cada unha das clasificacións dos mellores patróns e patroas da competición
Se a clasificación da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren está que ferve… O maillote de Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa tamén vive a súa emocionante pelexa.
Mais, como é que se escolle o Mellor Patrón CaixaBank e a Mellor Patroa? O Comité Técnico é o encargado de puntuar os patróns e patroas en cada regata. Para elaborar a clasificación, o Comité basease na información o GPS que leva cada embarcación, mediante a mestura de tres factores. Quere dicir, unha información totalmente obxectiva que sae da seguinte ecuación:
1) Metros realizados pola traiñeira.
2) Tempo necesitado pola embarcación para coller cada unha das 3 ceavogas (ou 1 no caso da competición feminina). Esta información apáñase de 50 metros antes até 50 metros despois da baliza.
3) Factor relativo resultante do traballo realizado apenas polo patrón ou a patroa, comparando tempo/ velocidade do percorrido e tempo/ velocidade de dar as ceavogas.
O patrón ou a patroa que teña o mellor resultado, terá os 3 puntos, dous puntos o segundo/a e un a terceiro/a.