Novas 2016

COMPETICION

17 Xu˜ 2016

Comeza a aventura da Liga San Miguel

Comeza a aventura da Liga San Miguel

Este domingo, ás 12 horas, a IV Bandeira Euskadi Basque Country será a encargada de abrir a xornada inaugural da Liga San Miguel

O campo de regatas do río Guadalquivir é un sitio espectacular para practicar o remo, aínda que para a modalidade de banco móbil é un campo de regatas moi empregado, para as traiñeiras é unha zona de regatas descoñecida. Porén, antes da desputa da IV Bandeira Euskadi Basque Country, ten habido algún precedente.

No ano 1992 a modo de exhibición e con motivo da celebración da Expo en Sevilla, as traiñeiras puideron vogar en este campo de regatas espectacular. Pero ademais, no ano 2006, desputouse a I Regata de Traiñeiras Casas de Cantabria no río Guadalquivir, máis concretamente na Dársena. A saída da regata estaba situada na Ponte de La Cartuja e a meta atopábase no CEAR. Os participantes foron Astillero, único representante que permanece na Liga San Miguel, Castro-Laredo e Pedreña, que se proclamou campión da regata. Alguns dos participantes de aquela regata aínda se encontran entre as 12 mellores embarcacións do momento, polo que no vindeiro 19 de xuño buscarán con máis ánsia que nunca, gañar a IV Bandeira Euskadi Basque Country.

No que respecta a anteriores edicións da Bandeira Euskadi Basque Country, NT2 Hondarribia, Orio Babyauto e Urdaibai Avia foron as embarcacións que se teñen proclamado gañadoras. NT2 Hondarribia impúxose con un tempo de 19´23´´76 na regata desputada o ano pasado na Praia da Malagueta, e Orio Babyauto fixo o propio no ano 2014 en Barcelona con un tempo de 21’55” 02. Por último, na primeira edición desta regata, en Barcelona tamén, Urdaibai Avia estreou o seu casilleiro con un tempo 19’51”54. Polo momento, ningunha embarcación foi capaz de axitar dúas veces a bandeira que corresponde á regata Euskadi Basque Country, mais, será nesta IV edición onde se rompa esa racha? O domingo ás 12:00 teremos a resposta co comezo dunha emocionante aventura.

Voltar