Novas 2013

COMPETICION

22 Ago 2013

CASTRO DECIDE MEDIA LIGA; AS OITO MELLORES, O PLAY-OFF E O DESCENSO

CASTRO DECIDE MEDIA LIGA; AS OITO MELLORES, O PLAY-OFF E O DESCENSO

A 17ª proba puntuábel da Liga San Miguel definirá as 8 mellores, e decidirá quen vai ao play-off e quen descende

A Liga San Miguel está perto da 2ª parada. Despois da parada realizada a primeiros de agosto polos campionatos provinciais, rexionais e nacionais, este domingo vaise pechar o 2º ciclo da tempada e farase nun dos campos de regateo máis bonitos do Cantábrico, en Castro Urdiales. No Concello desta localidade celebrouse este mediodía a presentación da XV BANDEIRA FLAVIOBRIGA, e a ela asistiron o alcalde de Castro Urdiales, Sr. Ivan González, e o presidente do club de remo Castreña, Sr. Agustin Anglada.

En augas de Castro definiranse moitas cousas. Non o campión da Coroa La Caixa, porque ficarán aínda dúas regatas por se disputar, mais si que oito traíñas obterán o dereito de participaren nas regatas de Bermeo e Portugalete a mediados de setembro. Farano as oito primeiras clasificadas da Liga San Miguel. Tamén se decidirá que equipo ocupa o 11º posto, posto de play-off, e o 12º, posto que supón a perda da categoría. Zumaia e Castreña están metidos nesa loita nestes momentos, e os castreños apelan á épica diante da súa parroquia para lle dar a volta a unha situación complicada.

A regata comezará ás 12 do mediodía, repartiranse 22.500 euros en premios, e a distribución de quendas efectuarase en base á Clasificación Xeral.

Voltar