Novas 2023

ASOCIACION

15 Xu˜ 2023

CaixaBank e a ACT, continúan xuntos máis unha tempada

CaixaBank e a ACT, continúan xuntos máis unha tempada

Grazas ao acordo asinado entre Juan Pedro Badiola, Director Territorial Norte de CaixaBank, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT, a entidade financeira seguirá a ser patrocinador principal das competicións 

A Asociación de Clubs de Traiñeiras e CaixaBank seguirán a colaborar xuntos máis unha tempada logo de asinaren a continuidade do acordo. Grazas ao encontro que decorreu na sede da Dirección Territorial Norte da entidade financeira, onde participaron o presidente da ACT, Borja Rodrigo, e o Director Territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola, continúan co acordo vixente dende a tempada 2013. 
 
O acordo con CaixaBank repercutirá nas dúas competicións, Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Na histórica competición feminina, a estrela de CaixaBank seguirá́ a lucir no maillote das campioas. E na Liga Eusko Label, seguirá́ a recoñecer o labor dos patróns, coa entrega do premio ao Mellor Patrón CaixaBank, ademais de seguir a dar nome ao prezado Trofeo que se entrega ao gañador da Liga Eusko Label, a Coroa CaixaBank.     
 
A entidade financeira tamén estará presente no calendario da Liga Eusko Label, coa presenza na Fan Zone co Tour Coroa CaixaBank en todas as xornadas. Ademais, patrocinará unha xornada dentro do calendario da competición masculina. A XI. Bandeira CaixaBank desputarase o 23 de xullo en Castro Urdiales, achegando máis unha tempada a mellor competición do remo de banco fixo a Cantabria. 
 
O Director Territorial Norte de CaixaBank, Juan Pedro Badiola destaca dous puntos importantes do acordo coa ACT.  Por unha banda, "admiramos os valores do remo, o esforzo, o traballo en equipo, a organización … Todos eses valores que tentamos reproducir no noso día a día". Por outra banda, salienta a coincidencia da competición coa súa Dirección Territorial. Por último, Badiola desexa que "o afeccionado desfrute" da tempada que se aveciña.     

Pola súa banda, Borja Rodrigo, Presidente da ACT, agradece a continuidade dun "patrocinador Principal como é CaixaBank, que grazas á súa colaboración é posíbel grande parte da nosa actividade de todo o ano". Tamén salientou a importancia da coincidencia do territorio xeográfico ao abarcar de augas atlánticas en Galiza até os límites con Francia. "É un factor de orgullo o feito de que coincidan equipos que representa esta entidade, con tripulacións galegas, biscaínas e guipuscoanas, incluíndo a Bandeira CaixaBank en augas de Castro-Urdiales".

Voltar