ACT TV 2015

ESPECIAL

06 Ago 2015

Boiro pecha a tempada galega

Boiro pecha a tempada galega

Esta mañá celebrouse a presentación da XXV Bandeira Concello de Boiro no Concello de Boiro

Boiro acollerá este domingo a partir das 12:00 horas a décimo primeira xornada da tempada e dará por rematada a andaina da Liga San Miguel en Galiza por esta xeira. A XXV Bandeira Concello de Boiro desputarase nun campo de regateo de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas.

Ao se desputar esta xornada en domingo, a composición das quendas vai depender do acontecido na véspera en Meira, na I Bandeira Illa de Samertolameu - Concello de Moaña, polo que as quendas definiranse así que se saiba a clasificación final desta regata.

Esta mañá celebrouse o acto de presentación desta XXV Bandeira Concello de Boiro no Concello de Boiro. O acto estivo presidido por Juan José Dieste, alcalde de Boiro; e Daniel Vázquez, representante de Cabo. 

Voltar