Novas 2016

ESPECIAL

15 Xu˜ 2016

Bilbao gañador do sorteo a Sevilla

Bilbao gañador do sorteo a Sevilla

Ugutz Bilbao, remeiro de NT2 Hondarribia, terá o pracer de convidar dúas persoas á capital andaluza para viviren ao vivo a IV Bandeira Euskadi Basque Country

A Gala da Liga San Miguel celebrada o pasado sábado en Bilbao deu para moito. Entre outras cousas, sorteou entre os remeiros dos doce clubs que forman a Liga San Miguel unha viaxe para dúas persoas á capital andaluza para vivir ao vivo a xornada inaugural. O gañador foi Ugutz Bilbao, remeiro de NT2 Hondarribia.

O funcionamento do sorteo foi simple, nunha das furnas atopábanse os 12 nomes dos clubs que buscarán este ano facérense coa Coroa CaixaBank, e esta decidiu que o remeiro premiado fose parar ao vixente campión, a NT2 Hondarribia. Na segunda furna, había bólas numeradas do 1 ao 22, coincidindo con un reparto de números que se fixo previamente na revista Boga. A segunda bóla, decidiu que fose o número 3, nomeando a Ugutz Bilbao como gañador do sorteo. Así, o da ‘Ama Guadalupekoa’, poderá convidar a dúas persoas que desexe a viviren en direto en Sevilla da IV Bandeira Euskadi Basque Contry. Parabéns Ugutz!

Voltar