ACT TV 2015

ESPECIAL

26 Ago 2015

Bilbao acolle a Liga San Miguel en plena Semana Grande

Bilbao acolle a Liga San Miguel en plena Semana Grande

Esta mañá celebrouse o acto de presentación da VI Bandeira de Bilbao correspondente á décimo sexta xornada da Liga San Miguel

Un ano máis, a ría de Bilbao acollerá unha nova edición da Bandeira de Bilbao. Este ano faise a sexta edición desta espectacular regata e corresponderase coa décimo sexta xornada da Liga San Miguel. Nesta regata a competición será en formato contra o reloxo con un percorrido total de tres millas náuticas, con catro longos e tres ceavogas, coa baliza de saída e chegada situada frente o Concello de Bilbao.

As quendas para esta regata comporanse en base á clasificación xeral da Liga San Miguel, polo que na primeira quenda estarán Samertolameu Rodman Group, Portugalete Eulen, Zierbena Bahías de Bizkaia e Astillero. Na segunda quenda remarán San Pedro Ecolmare, Cabo, Tirán Pereira e San Juan Iberdrola. Finalmente, na quenda de honra competirán Kaiku Producha, Orio Babyauto, Urdaibai Avia e NT2 Hondarribia.

Esta mañá celebrouse o acto de presentación desta VI Bandeira de Bilbao no Concello de Bilbao, onde estiveron presentes Oihane Agirregoitia, concelleira de deportes do Concello de Bilbao; José Manuel Ortiz, membro da Xunta Directiva da ACT; e Borja Rodrigo, representante de Deustu A.T.

Voltar