Novas 2014

ASOCIACION

01 Set 2014

Astillero participará en el playoff

Astillero participará en el playoff

Coa presente nota informativa exponse o acordado polo xuíz de competición da ACT o 1 de setembro de 2014

O acordado é executivo, pudendo chegar a se presentar pola SDR Astillero o correspondente recurso no prazo de 2 días ante o árbitro da ACT.

O art. 36.1º da normativa de competición da ACT estabelece que o 11º clasificado da liga regular da Liga San Miguel a falta de 2 xornadas debe tomar parte no play-off. O citado precepto da normativa estabelece que isto non é de aplicación nos casos nos que o club deportivo socio que figure na 11ª posición sexa o único representante dun territorio (Comunidade Autónoma, no caso de Cantabria e Galiza, o Territorio Histórico, no caso de Bizkaia e Gipuzkoa).

Agora ben, conforme o previsto no art. 21.4º dos Estatutos da ACT, para que fique garantido o dereito dun club deportivo socio a permanecer na Asociación, e polo tanto non participar no playoff, é preciso que existan na tempada en curso polo menos catro entidades do seu territorio tomando parte na competición regular correspondente convenida coa ACT (estas son: ARC e LGT).

Polo tanto, no caso da SDR Astillero na tempada 2014, pese a que é o 11º clasificado a falta de dúas regatas puntuábeis e sería o único club deportivo socio de Cantabria (tras o descenso para 2015 de SDR Pedreña como 12º clasificado), si debería participar no playoff da Liga San Miguel dado que na presente tempada unicamente existen tres clubs deportivos de dita Comunidade Autónoma participando na Liga ARC (Castreña, Santoña e Colindres). É dicir, como vén ocorrendo en tempadas anteriores, en 2014 tomarían parte no playoff cinco equipos na loita por dúas prazas para ser socio da ACT en 2015. Tales equipos serían o 11º da ACT e o 1º e 2º das Ligas ARC e LGT.

Voltar