ACT TV 2016
ESPECIAL
28 Xul 2016
A Liga San Miguel está de volta en Zumaia
A XXXI Zumaiako Ikurriña foi presentada esta mañá canda a Euskotren V. Bandeira, a desputárense este domingo a partir das 12.00 horas
Un dos encontros clásicos do calendario da Liga San Miguel volta este domingo coa XXXI Zumaiako Ikurriña a partir das 12.00 horas, onde se vogará no clásico campo de regatas cuxa onda vai buscando o flysch que as traiñeiras deixan a un lado, pondo unha vez máis en xogo a habilidade das tripulacións. Ademáis, a Liga Euskotren completará a súa penúltima fin de semana coa Euskotren V. Bandeira, antes de afrontar as dúas xornadas decisivas en Zarautz.
Así, a undécima xornada da batalla pola Coroa CaixaBank terá un campo de regateo que ubicará as súas balizas interiores ao pé da barra, navegando as 12 embarcacións en paralelo á costa en tres quendas de catro longos e que virán compostas en base ao resultado da Bandeira Diputación Foral de Gipuzkoa. Pola súa banda, na Euskotren V. Bandeira, as tripulacións femininas completarán dous longos para cubrir unha milla e media.
Na presentación desta mañá estiveron presentes Gotzon Embil, concejal de Zumaia e Anjel Etxaniz, presidente de Zumaiako Telmo Deun.