ACT TV 2015

ESPECIAL

06 Xu˜ 2015

A grande festa do remo

A grande festa do remo

O Kursaal de Donostia acolleu nesta tarde o inicio oficial da Liga San Miguel 2015

Os perto de 700 convidados que se achegaron nesta tardiña ao Palacio Kursaal de Donostia foron testemuñas do bandeirazo de saída cara a nova tempada da Liga San Miguel e da Liga Euskotren. Anjel Alkain foi o mestre de cerimonias dunha Gala na que se premiaron os méritos deportivos da tempada pasada. Antes de todo, o Coro Easo, que este ano fai o seu 75 aniversario, interpretou tres cancións, entre as que estaba o Himno ás Traíñas que fixo vibrar a todos os presentes.

Orio Babyauto recibiu o premio á traíña máis rápida da tempada, obtendo unha punta de velocidade de 4’16 m/s na última edición da Bandeira Noble Villa de Portugalete. Dous dos premios repartidos nesta velada colleron rumbo a Boiro, xa que Cabo foi galardoado nas categorías de mellor canteira -con un total de 319 remeiros canteráns presentados nas listaxes de inscripción de 2014- e mellor adestrador. Este último foi para Gustavo Vázquez, escollido mediante votación entre os adestradores da Liga San Miguel. O premio ao mérito deportivo foi para Orio Babyauto e San Juan Iberdrola, recoñecendo así os 50 anos da fundación de ambos clubs, e que Alex Txikon se encargou de facer entrega. Vicente Carpintero, patrón de Zierbena Bahías de Bizkaia, recolleu o remo como mellor patrón da última tempada. Mentres que a mejor organización de regata foi para San Juan Iberdrola pola III Bandeira Eusko Label, que chegou de mans da capitá do Bera Bera, Matxalen Ziarsolo. Este premio, cómpre sinalar tamén, que vén baixo o voto dos propios clubs. A afección de NT2 Hondarribia fíxose co premio á mellor afección, concedido por San Miguel. Por último, o premio honorífico foi, a título póstumo, para Iñaki Oiarzabal, premio que recibiu o seu fillo Borja -actualmente remeiro da ‘Ama Guadalupekoa’- de mans do presidente da ACT, Pedro Andueza.

Ademais, a gala serviu para dar a saída á nova tempada da Liga San Miguel e da Liga Euskotren. Os discursos desta noite foron a cargo de Cristina Uriarte, Conselleira de Educación, Política Lingüista e Cúltura do Goberno Vasco, Itziar Egaña, representante de “la Caixa”, Carlos Cubillo, de San Miguel, e o presidente da ACT, Pedro Andueza. Finalmente, os asistentes tamén puideron gozar dun monólogo do aragonés Luis Larrodera e dun cóctel despois do remate da gala.

Voltar