Novas 2018
ESPECIAL
22 Mar 2018
A fábrica de Mahou San Miguel recibe a ACT
Os socios sentan este sábado a partir das 10.00 horas coa ollada posta xa na vindeira Eusko Label Liga
Novo encontro asembleario para os socios da ACT este sábado a partir das 10.00 horas. O punto de encontro será a fábrica de Mahou-San Miguel en Burgos, un enclave que xa foi protagonista destes encontros nestes anos e que servirá á súa vez para que os socios se reencontren con un dos centros de produción dun dos piares básicos da ACT, San Miguel.
O punto máis salientábel desta Asemblea será a aprobación do calendario de competición, no que un ano máis se porá en xogo a Coroa CaixaBank pola que os 12 mellores equipos do momento pugnarán ao longo de todo o verán. Á marxe do calendario da Eusko Label Liga, tamén se aprobarán os encontros que comporán a batalla pola Liga Euskotren.