Novas 2023

COMPETICION

30 Xu˜ 2023

A Coruña arriará a estacha da nova tempada

A Coruña arriará a estacha da nova tempada A Coruña arriará a estacha da nova tempada

As VII-VI Bandeira Cidade da Coruña serán as dúas primeiras Bandeiras da tempada

A Liga Eusko Label e a Liga Euskotren encetarán mañá a súa vixésimo primeira e décimo quinta tempada respectivamente. Farano na enseada do Orzán, onde se desputarán as dúas primeiras xornadas de ambos calendarios. A mellor traiñeira tras a disputa de ambos días, levará para a casa a primeira bandeira da tempada.
 
Na categoría feminina, a histórica Liga Euskotren encetará con 8 participantes. Divididas en dúas quendas, Orio Orialki tratará de revalidar a Bandeira conseguida na tempada pasada, e  é que sendo a vixente campioa será a rival a bater polo resto dos equipos. 

Na categoría masculina, tamén o gañador da Coroa CaixaBank na tempada anterior, Bermeo Urdaibai foi a gañadora en ambas xornadas do encontro coruñés. Os de Iker Zabala serán os favoritos para facérense coa VII Bandeira Cidade da Coruña. 
 
FAN ZONE
A FAN ZONE situarase xusto entre o paddock de traiñeiras do paseo marítimo, e a zona técnica ubicada nas Escravas. Ali, os afeccionados poderán seguir as regatas dos dous días na pantalla xigante, mentres degustan os produtos Eusko Label e Keler que terán ao seu dispór. Ademais, no iglú de CaixaBank, poderán fotografarse cos dous trofeos de ambas competicións, a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren. 

Voltar