ACT TV 2023
ESPECIAL
14 Set 2023
A Bandeira El Corte Inglés - Concello de Portugalete porá o peche á tempada
A última xornada da tempada que se desputará en augas de Portugalete, desputarase na modalidade de liña, sempre que despois da desputa da Bandeira de Bermeo, a distancia entre os dous primeiros clasificados sexa de 3 puntos ou inferior.
Este domingo (11:25 horas) a Liga Eusko Label pechará a tempada. A segunda xornada dos playoffs de ascenso para a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren, canda a LIII GP - XLIX Bandeira El Corte Inglés- Concello de Portugalete pechará a tempada de remo de banco fixo. O Concello de Portugalete acolleu esta mañá a presentación da última xornada da tempada, coa presenza de Borja Rodrigo, Presidente da ACT, Carmelo Lezana Director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés no País Vasco e Mikel Torres, Alcalde de Portugalete.
Borja Rodrigo comenzou agradecendo tanto ao Corte Inglés como ao Concello de Portugalete a súa colaboración á hora de organizar a última xornada da tempada. "Esta regata, ademais de histórica, é moi importante e especial para a ACT porque pon o punto final e o peche a unha nova e grande tempada. Ademais, é o mellor escenario para celebrar unha regata, pola súa contorna, e atractivo para as afeccións", salientou Rodrigo.
Carmelo Lezama tomou a palabra primeiro salientando a importancia que ten este patrocinio para El Corte Inglés. "Este ano faise a 49 edición da Bandeira El Corte Inglés- Concello de Portugalete. Trátase do decano dos nosos patrocinios, que nos acompaña case dende que a nosa compañía se instalou en Bizkaia hai xa 54 años, e é, sen dúbida, un dos máis queridos para nós", afirma Lezama.
Ademais, agregou as dúas razóns que os motivan a seguiren apostando por esta xornada. "Dunha banda, porque reforza ano a ano o noso arraigo nesta terra, á vez que aumenta a nosa ligazón coa xente. Por outra banda, porque do punto de vista deportivo o interese da nosa bandeira tamén medra ano a ano, xa que con ela conclúe esta apaixonante tempada de traiñeiras e definirá cal é o club vencedor".
Por último, Mikel Torres agradeu a aposta de El Corte Inglés e a ACT por desputar a última regata na súa vila. "Son xa 49 anos, e creo que é unha regata tradicional e espectacular. Celébrase nun campo de regatas onde os afeccionados poden sentir de perto os remeiros, ao ver pasar tan perto dos peiraos de Portugalete e Getxo, e tamén por pasar por debaixo do noso Patrimonio da Humanidade, a Ponte Colgante", sinalou Torres.
Playoff segundo os tempos do sábado
Antes da desputa da última Bandeira da Liga Eusko Label, desputarase a segunda xornada dos playoffs de ascenso tanto á Liga Euskotren como á Liga Eusko Label. Esta segunda xornada tamén se desputará na modalidade de contra o reloxo, segundo os tempos da primeira xornada que se desputará en Bermeo. Daquela, Hibaika Jamones Ancin, Kaiku Nortegas e Zumaia Salegi Jatetxea desputaran unha praza na Liga Euskotren da tempada 2024, mentres que a Itsasoko Ama Santurtzi, o CR Ares, o CM Bueu – Simei, Sanpedrotarra e Lapurdi – Antton Bilbao repartirán as dúas últimas prazas para a Liga Eusko Label da tempada 2024.