ORIO ORIALKI

Historia

Patrocinadores do club
  • Orioko Udala
  • ORIALKI
  • Euskadi LowCost
  • Iraupen Urma
  • AVK
  • Grupo Sagardi
  • PBX
  • AUMA
  • Setalde
  • Transportes Indo
  • FORD Easo Motor
  • Gipuzkoako Foru Aldundia
  • Quiron
  • ZU-K
  • Mediolanum
  • Inmobiliaria Orio
  • Cebanc
  • Urbil
  • ZIPRI
  • KAXA
  • ALDINET
  • TELLERIO
  • ALUMAK
  • Mahala
  • Kultur Atelier

A primeira referencia oficial escrita da participación dunha traiñeira de Orio remóntase ao ano 1879 na primera edición das Donostiako Estropadak - Bandeira da Kontxa. Foi no 1901 cando conseguiu o seu primeiro triunfo. No período que vai de 1879 a 1932, os remeiros oriotarras compiten co nome da localidade, Orio. De 1933 a 1964, co de Emen-Gatoxtik-Orio. É en xuño de 1965, cando se crea o Club de Remo, e denomínase "CRO Orio AE". Os datos históricos amosan que das 760 vitorias logradas até o ano 2018, corresponden á traiñeira 353, das que cómpre salientar as 32 vitorias nas Donostiako Estropadak - Bandeira da Kontxa.

No que á ACT se refire, Orio sempre estivo pugnando entre os mellores por se facer coa Coroa, pero, até o día de hoxe, non se deu feito con ela. 27 bandeiras nas 15 edicións das que participou, tres segundos postos na clasificación xeral (2007, 2010 e 2014), cinco terceiros postos (2006, 2008, 2013, 2015 e 2017), dous cuartos postos (2003 e 2009) e tres quintas prazas (2004, 2005 e 2016). Cómpre sinalar que no 2012, logo do ano anterior ter ficado último na Liga San Miguel e descenderen á categoría de prata, logran gañar todas as bandeiras na ARC-1 e recuperaren a categoría. Repasando a traxectoria dos oriotarras na Liga, e tomando como exemplo os dous últimos anos, os amarelos lograron sete triunfos, ocupando a terceira e cuarta praza na loita pola Coroa "la Caixa".

A tempada 2018 para o club oriotarra non foi tan boa como se agardaba, obtiveron un 4º posto na clasificación xeral, pero foron moi irregulares durante a liga. Conseguiron tres triunfos e lograron 179 puntos na clasificación final.

2019. Malia refaceren o grupo, os aguiluchos preséntanse como sempre coa vontade de competir cos mellores e loitaren polos postos cabeceiros. No 2021, malia as mudanzas que houbo no verán, o equipo seguiu competindo ao máximo. Orio Orialki estivo perto de levar algunha vitoria e malia non conseguiren ningunha vitoria, deron remado na Quenda de Honra entre as mellores tripulacións da Liga Eusko Label.