ACT TV 2024
ESPECIAL
17 Xu˜ 2024
EITB dará tamén no 2024 o premio para a mellor patroa
EITB patrocinara por terceiro ano o premio para a mellor patroa da Liga Euskotren.
Este luns (17 de xuño), na sede de EITB en Miramon, presentouse o EITB Saria para a mellor patroa de 2024. EITB afronta así o seu terceiro ano consecutivo a apoiar e patrocinar o remo feminino e xornada tras xornada outorgará o premio á patroa que máis destaque entre as 8 tripulacións con Patroi Onenaren EITB Saria.
No acto de presentación participaron Joseba Urkiola, Director de Deportes de EITB, a subdirectora de Deportes de EITB Amane Ibañez, Borja Rodrigo, presidente da ACT e vinte remeiras.
Ane Diaz, remeira de Nortindal Donostiarra, considera que este patrocinio ten unha grande importancia para a promoción do remo feminino: "A Liga Euskotren medra ano a ano, cada vez é máis competitiva e nese camiño, o traballo que fai EITB a favor da visibilización do remo feminino é de agradecer".
Joseba Urkiola, Director de Deportes de EITB amosouse comprometido co acordo: "Patrocinamos por terceiro ano consecutivo o premio para a Mellor Patroa da Liga Euskotren e na EITB seguimos firmes na nosa porfía por lle dar visibilidade e o lugar que merece o remo feminino. É o noso cometido, e a sociedade ratifícao. O seguemento que teñen as nosas retransmisións durante todo o verán, semana a semana, demóstrano".
O Presidente da ACT, Borja Rodrigo, tamén fai unha valoración moi positiva desta alianza: "O traballo que fai EITB co remo é indispensábel, especialmente o traballo que fai coa ACT, xa que nos acompaña dende a nosa primeira regata. A inversión humana e tecnolóxica que fan dota o noso deporte de grande valor. Ademais, amosan un grande compromiso co deporte feminino apoiándoo a través do patrocinio do maillote de Mellor Patroa EITB".
A Liga Euskotren e a Liga Eusko Label na EITB
Ademais de seguir a liga por televisión, os espectadores poderán tamén gozar dela através de eitb.eus. Así como en Radio Euskadi e Euskadi Irratia. A Liga Euskotren comezará na Coruña o 29 de xuño e rematará en Zarautz o 18 de agosto. Será nesa data cando se coñeza o nome da patroa que levará o Patroi Onenaren EITB Saria este 2024.