ACT TV 2015

ESPECIAL

22 Set 2015

Zumaia e Portugalete Eulen á Liga San Miguel

Zumaia e Portugalete Eulen á Liga San Miguel

A 'Telmo Deun' e a 'Jarrillera' formarán parte da máxima categoría do remo a tempada que vén

Así que rematou a segunda xornada do playoff de ascenso á Liga San Miguel, as tripulacións e afeccións de Zumaia e Portugalete Eulen rebentaron de alegría sabendo xa que conseguiran un dos billetes para formar parte da Liga San Miguel 2016.

Zumaia, ao remate da segunda tempada regular da ARC-1, deu un golpe na mesa a primeira xornada do playoff ao conseguir o mellor tempo e sumar os 4 primeiros puntos ao seu casilleiro. No domingo, non deixaron lugar a sorpresas e volveron vencer para certificar o ascenso á Liga San Miguel.

Da súa banda, Portugalete Eulen, chegou a Bermeo coa firme intención de impór a súa xerarquía como equipo da Liga San Miguel. As sensacións na primeira xornada non foron boas, conseguindo a terceira posición por detrás de Getaria Indaux e pondo en serio perigo a súa permanencia na Liga San Miguel. Xa no domingo, alentados polo apoio da súa afección, a 'Jarrillera' voou pola ría de Portugalete e avantaxou en 17" a 'Esperantza', conseguindo así o segundo billete que lles aseguraba unha praza na Liga San Miguel 2016.

Voltar