ACT TV 2016

ESPECIAL

09 Nov 2016

Un encontro de ouro e cargado de sentimento

Un encontro de ouro e cargado de sentimento

Este sábado a partir das 13.00 horas porase en xogo a 50 edición da regata Sevilla – Betis en augas do Guadalquivir

Volta neste sábado un dos encontros clásicos do calendario de banco móbil: a regata Sevilla-Betis, que este ano ademais está de aniversario a celebrar as súas vodas de ouro. Un encontro que terá a súa proba raíña a partir das 13.00 horas, momento no que se dará a saída na Ponte do Alamillo aos 8+ do Real Betis Balompié e ao do Sevilla Fútbol Club. Os remeiros terán que facer unha distancia de 6000 metros e rematarán ao pasar a chegada no Muelle de las Delicias. Antes disto, as embarcacións navegarán polo escenario onde transcorreu o arranque da Liga San Miguel e onde se puxo en xogo a IV Bandeira Euskadi Basque Country, que foi parar á popa da ‘Ama Guadalupekoa’ de NT2 Hondarribia. 

Unha proba que está a ser dominada nos últimos anos polo conxunto verdibranco, logrando sete das últimas 10 edicións, aínda que de momento no cómputo xeral os sevillistas dominan con un marcador de 30 vitorias, frente ás 19 do Real Betis Balompié. Precisamente os remeiros béticos foron tamén quen se impuxeron no Grande Premio Euskadi Basque Country do pasado mes de xuño, encontro celebrado na véspera da desputa da primeira xornada da batalla pola Coroa CaixaBank. Os capitaneados por Noé Guzmán conseguiron imporse en todas as series, gañando tamén a final con dous segundos de renda ante o 8+ sevillista. A terceira posición foi parar á Euskadi-Basque Country, mentras que a tripulación do Málaga ficou no cuarto lugar. 

Daquela, este sábado durante toda a mañá, as cores do Sevilla FC e do Real Betis Balompié tinxirán o Guadalquivir coas diferentes probas de 8+ tanto na categoría masculina como na feminina, dándose ás 13.00 horas o bandeirazo de saída da proba raíña. Quen levará o ‘crocodilo’?

Voltar