ACT TV 2014

ENTREVISTAS

17 Ago 2014

Kaiku Ambilamp lévase a bandeira en Zarautz

Kaiku Ambilamp lévase a bandeira en Zarautz

Os da ‘Bizkaitarra’ e Orio Babyauto atinxen o mesmo tempo na segunda xornada, o que permite aos oriotarras situárense a un punto de Hondarribia Orsa 

Máxima emoción na segunda xornada da Zarauzko XXXVII Estropadak na que Kaiku Ambilamp e Orio Babyauto tiveron que asinar as táboas xa que a photo finish indicou que ambas tripulacións marcaron o mesmo tempo: 19’39’’92. Isto supuxo que o reparto dos 12 puntos teña ido para as dúas tripulacións e, que debido á diferenza obtida onte polos sestaotarras, estes acabasen levando a bandeira. Isto  leva a que a clasificación da Liga San Miguel se esixa moito máis e que tan só sexa un punto o que separe a Hondarribia Orsa, líder actual, de Orio Babyauto.

Un campo de regatas perfecto para remar, no que ningunha circunstancia meteorolóxica  condicionou o devir da proba, foi  o escenario dunha quenda de honra cargada de emoción na que Kaiku Ambilamp, Orio Babyauto e Urdaibai Avia estiveron repartíndose a proa da regata. Porén, a igualdade ten sido tal que a photo finish  acabou por resolver que Kaiku Ambilamp e Orio Babyauto entraran ao mesmo tempo, outorgándolles ás dúas tripulacións os 12 puntos. Isto  valeulle aos da ‘Bizkaitarra’ para levarse a Zarauzko XXXVII Estropadak e conseguir deste xeito a súa segunda bandeira na presente Liga San Miguel. Na terceira posición e a seis décimas,  clasificouse Urdaibai Avia, mentres Hondarribia Orsa con unha diferenza de 14 segundos quedou na cuarta posición. Este resultado permítelle manter o liderado da Liga San Miguel na disputa pola Coroa “la Caixa”, mais a ‘San Nikolas’ oriotarra achégaselle cun punto.

Na segunda quenda San Pedro Ecolmare puido recuperar estas dúas xornadas do pasado fin de semana na Galiza, conseguindo esta mañá a quinta posición a 30 segundos dos gañadores. Isto sérvelle para saír do undécimo posto, ocupado agora por Astillero. Nesta mesma quenda, Cabo, que conseguiu ir de menos a máis, fíxose coa segunda posición, ficando finalmente séptimo. Completan a tanda Tirán Pereira e San Juan Iberdrola, separados apenas por un segundo, ficando oitavo e noveno respectivamente.

Na primeira das quendas Portugalete Eulen conseguiu imporse con contundencia cun tempo de 20’12’’94 que lle serviu para ficar sexto. Despois deste último, Zierbena Bahías de Bizkaia, a seis segundos dos ‘jarrilleros’, clasificáronse na décima posición. Compre sinalar que o patrón dos ‘galipo’, Vicente Carpintero, recuperou o maillot branco que lle acredita como líder do trofeo “La Caixa”. Completaron a quenda Astillero e Pedreña, undécimo e duodécimo respectivamente.

Noja e Hondarribia

A Liga San Miguel voltará o vindeiro fin de semana e desta volta a competición trasládase o sábado ás augas de Noja a partires das 17.15 horas e a Hondarribia o domingo ás 12.00 horas. 

Voltar