ACT TV 2016

ESPECIAL

29 Dec 2016

Ilusiónate ao grande!

Ilusiónate ao grande!

Da ACT, con esta particular felicitación natalicia, desexámosvos un Bo Nadal e un Próspero Ano Novo

O periodo natalicio caracterízase por ter unha serie de alicientes que todos coñecemos. Familia, reencontros ou ilusión, son algúns dos denominadores comúns. E queremos detérmonos nese último concepto, o da ilusión. Unha ilusión cuxo mellor reflexo son os máis pequenos. Ese foi o espírito que quixemos reflectir na felicitación do Nadal deste ano. A ilusión das crianzas e a súa ollada por se veren reflectidas nos maiores.

Así é que Paula, Efrén, Emilio, Mireia e Erik nos mostran neste vídeo, do mellor xeito que saben os máis pequenos, como xogan a seren maiores. Un vídeo no que vemos a versión miúda de Ane Pescador, Jon Salsamendi, David Álvarez, Carlos Iriondo, Nerea Pérez ou Pedro Andueza, entre outros.

Deste xeito, todos os que compoñemos a familia da ACT querémosvos desexar un Bo Nadal e un Próspero Ano Novo! E como reza a mensaxe do vídeo, nunca deixes de te ilusionar ao grande.

Voltar