Novas 2017

ESPECIAL

13 Xu˜ 2017

Xa está disponíbel a Web APP!

Xa está disponíbel a Web APP!

Esta web APP permite estar ao tanto de toda a información da competición dun xeito moi sinxelo
 

Un ano máis, coa chegada dunha tempada da Eusko Label Liga – Coroa CaixaBank, actualizamos a nosa Web APP para ofrecer toda a información da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren no formato máis accesíbel para os dispositivos portátiles. Coa nova Web APP da Eusko Label Liga poderás consultar os planteis, resultados, clasificacións, novas… dende o teu Smartphone ou Tablet.

Como vén sendo habitual, grazas ao sinal do GPS poderemos seguir en directo cada unha das 18 xornadas da Eusko Label Liga. Deste xeito é posíbel estar informado en todo momento en caso de que non se poida vivir a regata en directo ou polo sinal de televisión.

Instalar esta Web APP no noso dispositivo apenas require dous pasos:

1) Entra dende o teu móbil en www.euskolabelligaapp.com

2) Crea un acceso directo (ou engádela á túa páxina de inicio)

E despois disto, só resta gozar do remo!

Voltar