Novas 2015
ESPECIAL
23 Feb 2015
Un test de 85 campións
As complicadas condicións meteorolóxicas do sábado puxeron en Orio a proba a todos os participantes, saíndo vencedores Orio Babyauto e Zumaia
Frío, chuvia, sarabia, vento… Todos os ingredientes propios do inverno combinaron o sábado en Orio para facer parte da XXI. Orioko Traineru Jaitsiera e complicar o traballo das 85 tripulacións que completaron o percorrido en busca da Ikurrina Babyauto. Embarcacións, cómpre sinalar, que chegaron desde diferentes puntos como Catalunya, Comunidad Valenciana, Andalucía ou Asturias.
Daquela, no que á categoría masculina se refire, a victoria ficou na casa. Orio Babyauto, no medio dunha grande sarabiada, cruzou a baliza de chegada con un tempo de 20’19’’51, unha vantaxe de tres segundos ao vixente campión da Coroa “la Caixa”, Hondarribia Arraun Elkartea. A terceira posición foi para San Juan Iberdrola, a 31 segundos dos oriotarras. Kaiku Producha ficou a 34’’, mentres que San Pedro Ecolmare estivo a un segundo dos biscaínos. Zierbena Bahías de Bizkaia levou a sexta praza a 40 segundos e Urdaibai Avia, sétimo, a 42’’. Portugalete Grupo Eulen, con un tempo de 21’16’’10, completou a partida de tripulacións da Liga San Miguel.
No que se refire ás mulleres, a vitoria foi para Zumaia con unha marca de 16’15’’86, coa vixente campioa da Liga Euskotren, San Juan Iberdrola, a 11’’ e Orio Babyauto a 16 segundos. Hibaika Jamones Ancín, cuarta, ficou a 25 segundos. Foto: Orio AE