Novas 2016

ESPECIAL

14 Xu˜ 2016

Un plan espectacular

Un plan espectacular

A visita da Liga San Miguel á capital andaluza, estará acompañado dunha chea de actividade

A Liga San Miguel está últimando os seus preparativos para que Sevilla acolla a regata inaugural pola Coroa CaixaBank. Esta non estará orfa, xa que, a IV Bandeira Euskadi Basque Country vén con unha chea de actividades da man. Todo comezará o 17 de xuño con un Trikipoteo dende o Barrio de Santa Cruz e seguirá durante o fin de semana con outras actividades. O sábado, quen queira poderá gozar dun xantar popular á grella mesturado con exhibicións de danza e deporte rural vasco na Alameda de Hércules. Ademais, para quen queiran vivir en primeira persoa a sensación de estar nunha embarcación, haberá a posibilidade de probar un simulador de regatas. Todo isto, estará programado a partir das 12.00 horas.

Ás 19.00 comezará o GP Bandeira Euskadi Basque Country, e ao remate, no escenario que aportará San Miguel, Dj Lektrono e Dj Ion Din Danina porán ao público a danzar ao son da mellor música a partir das 22 horas. Por último, no domingo, encetarase a Liga San Miguel da man da IV Bandeira Euskadi Basque Country, e coa finalización da regata, pecharase un fin de semana de espectáculo.

Voltar