Novas 2013

COMPETICION

10 Xul 2013

RACIÓN DOBRE EN PEDREÑA: GP DYNASOL NA LIGA SAN MIGUEL, E 1ª REGATA DA LIGA EUSKOTREN

RACIÓN DOBRE EN PEDREÑA: GP DYNASOL NA LIGA SAN MIGUEL, E 1ª REGATA DA LIGA EUSKOTREN RACIÓN DOBRE EN PEDREÑA: GP DYNASOL NA LIGA SAN MIGUEL, E 1ª REGATA DA LIGA EUSKOTREN

Na competición feminina, sete clubs vogarán na fin de semana por conseguir tres prazas e remar xunto a campioa Zumaia

Despois da xeira galega, a Liga san Miguel pon rumo ao leste e volta a Cantabria para a disputa da 6ª regata puntuábel da competición. Pedreña será a protagonista do sábado, coa disputa da VIII BANDEIRA MARINA DE CUDEYO – GP DYNASOL. Este mediodía celebrouse a presentación da regata no Concello de Marina de Cudeyo (Rubayo), e a ela asistiron o Sr. Federico Aja, alcalde de Marina de Cudeyo, o Sr. Javier Soler, director de deportes del Gobierno de Cantabria, o Sr. Salvador Ruiz, representante de Dynasol, e o Sr. Calixto Presmanes, presidente da SDR Pedreña.

 

Feito o primeiro cuarto do calendario, Kaiku-Ambilamp obtivo unha clara vantaxe de 8 puntos na Clasificación Xeral. Os biscaínos son os máis regulares da Liga San Miguel, xa que a súa peor clasificación foi un terceiro posto. Como sempre, atención especial á traíña da casa, Pedreña. Os cántabros están na 10ª posición da clasificación, tentando fuxir do descenso e do play-off. De momento teñen unha vantaxe de tres puntos respecto a Zumaia, e 7 puntos respecto a Castro, pero sen dúbida quererán aumentar esa diferenza co apoio dos seus afeccionados.

 

A proba masculina comezará ás 19h00, pero media hora antes darase bandeirazo inicial á Liga Euskotren. Este ano a liga feminina fai a súa 5ª edición, e faino con unha chea de novidades no que respecta ás participantes. En total son oito os clubs que participarán nas dúas regatas clasificatorias da fin de semana: Pedreña, o sábado ás 18h30, e Donostia o domingo ás 12 do mediodía. Bizkaia, Hibaika Jamones Ancin, Hondarribia Orsa, Orio Babyauto, San Juan Iberdrola, Santoña Grupo Tanet, Zarautz e Zumaia Salegi Jatetxea Itziar son as oito participantes.

 

A campioa da tempada 2012, Zumaia Salegi Jatetxea Itziar, ten unha das catro prazas en liza aseguradas, polo que as restantes sete embarcacións disputarán as outras tres prazas. Tanto a regata de Pedreña, o sábado pola tarde, como a de Donostia, o domingo ao mediodía, disputarán na modalidade de contra o reloxo. As embarcacións partirán con un intervalo de un minuto entre si, e disputarase a dous longos e unha ceavoga. Cada regata repartirá puntos segundo a clasificación: 8 puntos para a primeira clasificada, 7 para a 2ª, e así sucesivamente até a derradeira, que obterá un punto. Procederase do mesmo xeito na regata de Donostia, e despois da suma de puntos das dúas regatas, as tres mellores embarcacións conseguirán a clasificación para vogar na Liga Euskotren xunto a Zumaia. Se houbera algún empate, desfaríase tendo en conta a suma dos tempos das dúas regatas.

 

As dúas regatas da fin de semana, ademais de clasificatorias, serán puntuábeis para a Clasificación Xeral da Liga Euskotren do 2013. Unha Liga que constará de oito probas, as do vindeiro fin de semana entre elas. A competición rematará coa regata a dobre xornada en Zarautz, os días 17 e 18 de agosto.

Voltar