Novas 2013

ENTREVISTAS

09 Xul 2013

"NA VIDA FAI CAMIÑO QUEN FAI AS COUSAS SINXELAS, O QUE TRABALLA E É HUMILDE; ESE É O NOSO PROCEDER"

"NA VIDA FAI CAMIÑO QUEN FAI AS COUSAS SINXELAS, O QUE TRABALLA E É HUMILDE; ESE É O NOSO PROCEDER"

Igor Makazaga, adestrador e remeiro de Orio Babyauto

Unha entrevista con Igor Makazaga dá para moito (Pasai Donibane, 40 anos). Fala do bo comezo de Orio Babyauto, mais tamén da competitividade, do desenvolvemento emocional, dos sentimentos que lle transmiten a ARC e a ACT… Os aguiluchos están felices co seu 2º posto da Liga San Miguel, pero máis que polos resultados, porque sinten que están a traballar ben. A seguinte frase, exemplo perfecto desa sensación: “Na ARC gañabamos, pero non gozabamos. Na ACT non gañamos, mais gozamos”.

 

A Liga san Miguel queimou xa un cuarto de competición, e Orio-Babyauto está a facer un traballo excepcional. Sodes o 2º mellor equipo da Liga, imaxino que non estabades á espera de comezar tan ben.

Gustaríame salientar sobre todo o demais que formamos un grupo moi completo: a xente da directiva, os que estamos no apartado técnico e os remeiros. A complicidade entre eses tres eixos é boa, e respirase ilusión, vamos polo bo camiño. O ano pasado, cando ascendemos da ARC para a ACT, no club fíxose unha reflexión. Miramos que percorrido tiña feito Orio na historia da ACT, un cálculo matemático sinxelo, e saía unha media entre o 4º e 5º posto. Iso non quere dicir que o noso obxectivo para este ano sexa ese posto. Máis ben completar un camiño que nos levará a eses postos. Cando estabamos na ARC tiñamos un obxectivo curtopracista, ascender á ACT canto antes. Unha vez na ACT, os obxectivos estabelecense a medio e longo prazo. O obxectivo é estar na metade da táboa, perto da quenda de honra, pero admitindo que a rivalidade ía ser grande. Estamos segundos, e estou moi contento, sobre todo polos rapaces, xa que non é o mesmo remar na ARC do que na ACT. Dígoo co máximo respecto. En tres das cinco regatas estivemoms á par de Kaiku-Ambilamp, e iso son palabras maiores. Así e todo, somos cautos, sabemos onde está o noso límite.

 

Sorprendeuche o rendemento do barco?

De algún xeito si. Non só polos resultados, máis ben pola melloría que observo no día a día. Insisto en que formamos un equipo moi completo, e iso é vital. Vexo moitos mozos con valentía, mentalmente sobre todo, cando o ano pasado non estaban así. Melloramos física e técnicamente, pero sobre todo emocionalmente.

 

Es ti o responsábel desa situación?

Non, nin moito menos. É cousa de todo o equipo. Hai unha grande comunión entre nós.

 

O ano pasado foi duro para Orio.

Si, pero na vida ás veces hai que saber baixar un chanzo para subir dous. Tentamos pór unha base sólida ao novo proxecto, para mellorar ano a ano. Os mozos tamén aprenderon das situacións duras. Na vida cómpre facer as cousas sinxelas, sen procurar problemas onde non os hai. Aquí tira para adiante o que traballa, o que ten humildade, e así estamos a traballar nós.

 

Xa desapareceu a tristura de Orio?

Sen dúbida. Clasificámonos na 2ª posición en tres regatas, e a xente está contenta. Todos aprendemos a valorar cousas que antes non valorabamos.

 

Será para ver o recibimento dos oriotarras cando gañedes algunha bandeira…

Ben, todas as cousas teñen o seu momento. Xa chegará o momento para as celebracións. Nós, aínda sen gañar bandeiras, estamos gozando, e a tempada pasada, na ARC, gañabamos bandeiras, mais non gozabamos. Por que? Porque estamos volvendo a esa situación que queriamos. Nos últimos 10 anos estivemos a cabalo entre a ARC e a ACT, e dígoo con sinceiridade, prefiro a ARC. A ACT é unha Liga moi competitiva, e as relacións entre os deportistas, non moi fluídas. Na ARC hai máis compañeirismo… Non soubemos disfrutar na ARC, polos nosos propios erros. Esta tempada todos os rapaces remaron xa algunha vez, entre eles dous mozos que remaban na ARC-2 con Orio B, e tendo ao lado a Urdaibai Umpro Avia e Kaiku Ambilamp. Esas son as nosas bandeiras.

 

Falaches do desenvolvemento emocional, pero cal é o segredo táctico e técnico de Orio Babyauto?

Técnicamente, a mesma remada, unha remada que procura mellorar continuamente: pausada, máis longa, profunda… Procuramos voltar ás nosas orixes, a través da remada.

 

Que é, un estilo de remada parecido ao de Hondarribia Orsa?

Más que a Hondarribia Orsa, é unha remada mirándonos para nós. É máis doado conseguir os obxectivos se son a medio ou longo prazo. Se xurden as présas, obxectivos a curto prazo, a remada tamén vai a peor. É un pouco voltar á remada tradicional de Orio, incluso de Gipuzkoa, remada parecida en moitas vilas costeiras, con pequenas diferenzas.

 

Rachou Kaiku-Ambilamp a Liga?

Ocorre que os seus rivais potenciais eran Urdaibai Umpro Avia e Hondarribia Orsa, e ficaron algo rezagados. Nós non somos unha alternativa real para gañar a Liga San Miguel, e para nós non rematou a Liga.

 

Tiran-Pereira conseguiu dúas bandeiras, e se miramos a clasificación da Liga non é mellor traíña que Orio. Que reflexión che merece esa situación?

Ben, xa que comentas o de Tirán-Pereira, síntome bastante incómodo cando escoito que gañaron as bandeiras polas correntes, o sorteo de carreiros ou outras excusas. Paréceme que se tenta xustificar os propios erros, e quitar mérito a quen o fixo ben. Ademais, dicir que Tirán-Pereira non é mellor club que nós paréceme incorrecto. Remataron a Liga San  Miguel do 2012 na 4ª posición, e remaron na quenda de honra da Bandeira da Concha. Orio Babyauto ven da ARC. Como vai ser mellor que Tirán-Pereira? Aquí hai que demostrar a forza no mar. Disputáronse cinco regatas, en tres mares diferentes, e o mar pon a cada quen no seu sitio. Hai unha tendencia a tentar xustificar os nosos erros.

 

Díxoseen algún foro, que esta tempada en Orio Babyauto hai moita xente de fóra. Que che parece que se digan esas cousas?

De fóra de Orio? Este ano só hai dous remeiros que nunca remaran en Orio: un mozo de Castro, amigo do preparador físico, e outro rapaz, nacido en San Pedro pero que remou en San Juan comigo. Un bo amigo. Todos os demais son remeiros que alguna vez remaron en Orio. Que non son propios? Si, pero somos xente que levamos moitos anos en Orio. Eu 13 anos. A xente volta para Orio, e quen di que temos moita xente de fóra non contrasta os datos. Son opinións que reforzan a miña visión de que prefiro a ARC. Todo é máis natural, incluso o ambiente. Eu estou moi á vontade en Orio, pero non me sinto confortábel nas regatas da ACT, hai demasiada tensión e competitividade. Vale todo, e diso non gosto. Eu tamén teño a miña opinión sobre remeiros que reman nunha traíña, e non son dese municipio, pero non a fago pública. E fágoo para fortalecer o noso xeito de traballo, non por ir contra ninguén. Sucede o mismo co tema dos carreiros… Intúo ambiente rancio e tenso. Non somos quen de manter unha conversa normal entre remeiros de distintos clubs.

 

Es adestrador, pero tamén remas, aínda que teñas feito os 40.

Ben, a verdade é que como deportista madurei tarde, aos 24-25 anos. Teño un oficio no que non me canso moito, manteño o nivel físico, e considero que debo entrar no barco para remar, é para axudar, para procurar mellorar. Volvendo ao dito ao principio, isto é como unha familia, e o feito de que eu estea ou non estea na traíña, non é o máis importante. Ademais de esixir como adestrador, esixo e colaboro, e iso satisfaime moite.

Voltar