Novas 2020
ESPECIAL
20 Mai 2020
Mudanzas na directiva de Bermeo AE
A dirección do club biscaíno fica agora en mans da xunta xestora até a celebración das eleccións
Logo de anunciar esta mañá a dimisión de catro membros da actual directiva, Urdaibai Avia informou de que até a celebración das novas eleccións o club estará dirixido por unha xunta xestora cos membros restantes.
Gotzon Orbe, membro da actual xunta xestora, asegura que “esta mudanza non afectará ao traballo diario do club, xa que a xunta estará composta polos directivos que se encargaban do día a día do equipo”.