Novas 2017

ESPECIAL

25 Ago 2017

Últimas batallas en augas galegas

Últimas batallas en augas galegas

A Eusko Label Liga achégase aos poucos ao seu remate en Moaña e Boiro coa décimo quinta e décimo sexta xornada da tempada

Xa restan apenas catro xornadas para que a Eusko Label Liga 2017 finalice. Sendo estas as últimas regatas da tempada, e tendo en conta que a loita está moi axustada, os dous encontros de Galiza serán moi competidos e terán moita importancia para decidir o final da tempada. O sábado, a partir das 18.00 horas, desputarase en Moaña a XXXV Bandeira Concello de Moaña – VII GP Fandicosta. Porén, o domingo ás 12.00 horas, a competición trasladarase a Boiro coa XXVII Bandeira de Boiro.

As dúas xornadas desputaranse en formato liña e os campos de regatas terán unha distancia de tres millas náuticas, divididas en catro longos e tres ceavogas. En Moaña, como vén sendo habitual, as balizas de saída e chegada estarán frente o espigón de Tirán, mentres que en Boiro, as balizas interiores estarán situadas frente o porto de Cabo da Cruz.

As tripulacións da Eusko Label Liga están a ofrecernos unha tempada moi entretida, con regatas espectaculares día si e día tamén. Cada xornada está á altura da máxima competición do remo, e aínda non hai nada decidido. Até agora, Urdaibai Avía está a ser o máis regular de todos, e con 156 puntos, está á cabeza da clasificación xeral da Eusko Label Liga 2017. A apenas catro puntos de diferenza, posicionase Hondarribia. Orio Babyauto, con 142 puntos e un pouco máis lonxe dos ‘txo’, vai terceiro. A quenda de honra péchaa Kaiku Producha con 115 puntos. Zierbena Bahías de Bizkaia, con 96 puntos, posiciónase no quinto posto. O sexto é San Juan Sumelec (85) e sétimo Tirán Pereira (73). A cinco puntos de desvantaxe con respecto á ‘Mar do Con’, en oitavo lugar e con 68 puntos, está Ondarroa Cikautxo. Inmediatamente, a dous puntos da ‘Antiguako Ama’ está a ‘Libia’ de San Pedro. Cabo (61) e Ares (46) están, respectivamente, en décimo e onceavo lugar. Astillero, con 15 puntos menos que a traiñeira ‘Santa Olalla de Lubre’, é quen pecha a clasificación xeral.

Ioseba Amunarriz, con 15 puntos, segue a manter o liderado na clasificación Mellor Patrón CaixaBank. A seis puntos da hondarribiarra, está Iker Gimeno, e de perto, con un punto de desvantaxe, ségueo Gorka Aranberri, patrón de Orio Babyauto.

O sábado, a Eusko Label Liga regresará a Moaña, un encontro que se afincou no calendario dende a primeira vez que se desputou, alá pola tempada 2008, con Orio Babyauto como primeiro vencedor. Dende entón, Urdaibai Avía conseguiu cinco vitorias nesta proba, en 2011, 2012, 2014, 2015 e 2016. Equipos como os locais Tirán Pereira, San Juan Sumelec ou San Pedro tamén teñen conseguido a vitoria no encontro moañés. As quendas para esta regata virán marcadas en base á clasificación da loita pola Coroa CaixaBank. É dicir, na primeira quenda remarán San Pedro, Cabo, Ares e Astillero. Xa na segunda, Zierbena Bahías de Bizkaia, San Juan Sumelec, Tirán Pereira e Ondarroa Cikautxo. Mentres que Urdaibai Avía, Hondarribia, Orio Babyauto e Kaiku Producha serán quen compoñan a quenda de honra.

O domingo, ás 12.00 horas, a competición trasladarase a Boiro, onde se desputaron nove edicións desta regata na Eusko Label Liga. Hondarribia levou en tres ocasións a bandeira, mentres que Orio Babyauto e Urdaibai Avía conseguiron dúas vitorias neste escenario. Con unha vitoria no seu palmarés temos a Castro e Astillero. En 2006, Hondarribia marcou un rexistro de 19'09"09, que é até o de agora o mellor tempo neste campo de regatas na Eusko Label Liga. En canto ás diferenzas rexistradas entre o primeiro e o segundo clasificado, en 2005 tras un final de regata apaixonante, Astillero non puido conquistar coa bandeira por apenas 0"64, en beneficio de Hondarribia. Pola contra, a diferenza máis grande entre os dous primeiros da clasificación final deuse na pasada tempada, cando Urdaibai Avía consiguiu a vitoria adiantando en 12"32 o segundo, Hondarribia. Para esta xornada de domingo, e todas as que veñan despois até o remate da tempada, as quendas virán definidas pola clasificación xeral da Eusko Label Liga, polo que o sábado coñeceremos as quendas para a regata de Boiro, así que remate a regata de Moaña.

Consulta o dossier da regata XXXV Bandeira Concello de Moaña – VII GP Fandicosta e o da XXVII Bandeira de Boiro

Voltar