Novas 2013

COMPETICION

26 Xu˜ 2013

LAREDO RETOMA O PULSO Á LIGA, COA 2ª REGATA PUNTUÁBEL: BANDEIRA "LA CAIXA"

LAREDO RETOMA O PULSO Á LIGA, COA 2ª REGATA PUNTUÁBEL: BANDEIRA "LA CAIXA" LAREDO RETOMA O PULSO Á LIGA, COA 2ª REGATA PUNTUÁBEL: BANDEIRA "LA CAIXA"

 A quenda de honra emparellará as catro mellores clasificadas da regata de Barcelona

Laredo, 26 de xuño. Este mediodía presentouse no Concello de Laredo a I. edición a Bandeira “La Caixa” – XLI GP Concello de Astillero que se vai disputar o sábado 29 de xuño nas augas da vila cántabra. A presentación do evento estivo presidida polo presidente de Astillero, Francisco Garate, o alcalde de Astillero, Carlos Cortina, o alcalde de Laredo, Ángel Vega, o presidente de club de remo Laredo, Ramón Arenas, e o Director de Institucións de La Caixa en Cantabria e no País Vasco, Pedro Bartra. A regata, que se desenvolve en tres quendas, comezará ás 18h00 e repartirá 22.500 euros en premios.

 

 “La Caixa”, como patrocinador principal da Liga San Miguel e da regata do sábado, quixo contribuir á consolidación dun deporte tan emblemático en toda a costa cantábrica e que congrega cada fin de semana miles de afeccionados. Co seu apoio, a entidade comparte e promove os valores que inspiran este deporte, como o compromiso, o esforzo, a procura da excelencia ou o traballo en equipo.

 

 No plano deportivo, a cita de Laredo preséntase atractiva a máis non poder, xa que as catro primeiras clasificadas da regata de Barcelona vogarán na terceira e última quenda, na procura do liderato que agora ostenta Urdaibai Umpro Avia. Kaiku Ambilamp, Hondarribia Orsa e a sorpresa da primeira xornada, Orio Babyauto, tamén andan á procura do liderato provisional e agárdase unha bonita loita. Cita especial á súa vez para as tres traíñas cántabras. Laredo non ten representación na Liga San Miguel, pero han ser multitude os que se acheguen dende Astillero, Pedreña e Castro, para animar os seus, quen tratarán de mellorar as súas prestacións na continuación da competición.

 

Lembrar, finalmente, que a Bandeira “La Caixa” iniciarase cun minuto de silencio en memoria dos finados Pedro Mari Abad e Gregorio Legorburu (Lexo).

Voltar