Novas 2016

ESPECIAL

11 Abr 2016

Iker imprime ritmo á #PlaylistDeAbril

Iker imprime ritmo á #PlaylistDeAbril

O remeiro de San Juan Iberdrola, Iker Murgiondo, preséntanos unha playlist moi movida na que predomina o xénero rockeiro e protesta

Comezamos outro mes con moita enerxía e coa mellor música dos remeiros da Liga San Miguel. Neste caso, o escollido para presentar a #PlayListDeAbril, é o remeiro de San Juan IberdrolaIker Murgiondo. O de Pasaia, lévanos a gozar do rock na súa máxima plenitude, e é que, na súa listaxe podemos atopar, himnos como "Enter sandman" de Metallica ou "Bohemian Rhapsody". Os grupos Foo Fighters e Oasis tamén teñen cabida nesta playlist coas súas respectivas cancións "The Pretender" e "Wonderwall". Ademais do rock, o remeiro do conxunto rosa, deixa un oco importante para as cancións protesta como "Los invisibles" dos Chikos del Maíz, "Animal Caliente" de Barricada ou "Cuando nada vale nada" de Soziedad Alkoholika. 

Iker Murgiondo, culmina a playlist con cancións de Kortatu, "Mierda de Ciudad" e de La Polla Records "Ellos Dicen Mierda". Non dubidedes en darlle play e gozade da música do remeiro pasaitarra. 

Voltar