Novas 2026
ASOCIACION
16 Xu˜ 2026
Gertu Eraikuntzak, novo patrocinador do maillote á Mellor Patroa da Liga Euskotren
A Asociación de Clubs de Traiñeiras e a empresa de construción formalizan un acordo estratéxico para pór en valor o talento e o liderado no remo de banco fixo feminino.
A Asociación de Clubs de Traiñeiras (ACT) e Gertu Eraikuntzak oficializaron o acordo de patrocinio polo que a empresa de construción se converterá na patrocinadora oficial do maillote da mellor patroa da Liga Euskotren. Con esta parcería, o maillote que distingue á líder na popa da traiñeira pasará a se designar Maillote Gertu Eraikuntzak.
O acordo, reflicte o compromiso de ambas entidades co desenvolvemento do deporte feminino, a igualdade e o recoñecemento dunha figura tan crucial e estratéxica no remo como é a da patroa.
Un paso adiante no compromiso co remo feminino
Coa sinatura deste acordo, Gertu Eraikuntzak consolida de forma definitiva a súa ligazón coa Liga Euskotren. Tras ter patrocinado dúas bandeiras femininas nas tempadas 2024 e 2025, a empresa de construción dá agora un paso en frente e e multiplica a súa aposta polo banco fixo.
Estrea na alta competición
O novo Maillote Gertu Eraikuntzak vestirase por primeira vez na xornada inaugural da tempada da Liga Euskotren, que arrancará o vindeiro 28 de xuño en Buitrago del Lozoya. A partir dese momento, as mellores patroas do Cantábrico e do Atlántico loitarán, onda a onda, para luciren este maillote.


