Novas 2016

ASOCIACION

27 Ago 2016

Fernández Arribas deixa de ser Xuíz de Competición

Fernández Arribas deixa de ser Xuíz de Competición

Manuel Sendón substituirá de aquí ao final de tempada ao órgao unipersoal existente a día de hoxe

Os socios da ACT reuníronse esta tarde en Sestao nunha Asemblea Universal na que acordaron que Manolo Sendon sexa quen substitua ao até hoxe Xuíz de Competición, Joseba Fernández Arribas.

Esta decisión tómase ante as incompatibilidades profesionais que xurdiron ao até agora Xuíz de Competición, Joseba Fernández Arribas, e que levaron á Asociación a ter que buscar unha solución provisional para poder respostar de aquí ao final da tempada. Da Asociación queremos agradecer a grande profesionalidade amosada por Joseba Fernández Aribas desde que en xaneiro de 2015 accedera ao cargo de Xuíz de Competición e aproveitamos para lle desexar a mellor sorte no seu futuro profesional. 

Voltar