Novas 2023

COMPETICION

20 Xu˜ 2023

EITB seguirá a dar nome ao maillote de mellor patroa

EITB seguirá a dar nome ao maillote de mellor patroa EITB seguirá a dar nome ao maillote de mellor patroa

No acto de presentación do maillote de mellor patroa que decorreu na sede de EITB en Bilbao, participaron Joseba Urkiola director de Deportes de EITB Media, o presidente da ACT, Borja Rodrigo, e unha vintena das remeiras representantes dos seis equipos vascos que competirán na Liga Euskotren.

A Liga Euskotren feminina está a piques de comezar. Será unha tempada histórica, xa que por primeira vez oito traiñeiras loitarán polo trofeo Euskotren. No empeño de EITB por reforzar o deporte feminino, e dando continuidade ao camiño emprendido no ano pasado, entregará, por segundo ano consecutivo, o premio á mellor patroa da Liga Euskotren. Así, en cada regata desta tempada a patroa que se distinga de entre todas as embarcacións en liza enfundará o maillote do Premio EITB.

O acto de presentación do patrocinio da Liga Euskotren tivo lugar este martes (20 de xuño) na sede de EITB en Bilbao. Neste evento participaron, Joseba Urkiola director de deportes de EITB y Borja Rodrigo, presidente da ACT, canda unha vintena de remeiras representantes dos seis equipos vascos que competirán na Liga Euskotren.

Tanto da EITB como da liga ACT mostraron a súa satisfacción por consolidaren a súa alianza. "O remo ten unha grande importancia na EITB e grazas á nosa colaboración coa ACT, ademais da emisión da Liga Euskotren, queremos facer máis visibeis as mulleres neste deporte e apostamos de novo polo patrocinio do maillote de mellor patroa", senalou o director de Deportes de EITB.

"Para nós é moi importante seguirmos a colaborar coa EITB. Por unha banda, grazas ás melloras nas imaxes das súas emisións, as nosasscompeticións teñen un maior seguimento. Por outro banda, seguindo co apoio do maillote, máis unha vez fica claro que o compromiso de EITB co remo é sólido e agradecemos que sigamos a contar con este tipo de apoios nunha tempada que será histórica para nós", subliñou Rodrigo.

Esta será unha tempada importante para o remo feminino, que cada vez está a cobrar máis forza, onde o ano pasado a liga feminina de remo tivo un 7,6% de share na ETB1. Nesta décimo quinta tempada da Liga Euskotren, serán oito as traiñeiras que tratarán de levaren o trofeo Euskotren.

A Liga Euskotren emitirase ao vivo na ETB1 e eitb.eus comezará o 1 de xullo na Coruña e rematará o 20 de agosto en Zarautz. En cada unha das regatas, a mellor patroa da xornada vestirá o maillote de EITB Saria.

Voltar