Novas 2015

ESPECIAL

01 Xul 2015

Dez anos a navegarmos con San Miguel

Dez anos a navegarmos con San Miguel

San Miguel recibe a presidentes e patróns da ACT na súa fábrica de Málaga, celebrando desta maneira o décimo aniversario da súa unión

Como xa fixeramos a pasada tempada, este ano arrancamos novamente unha das seccións máis especiais: Liga San Miguel Por Dentro. Unha sección na que volveremos redescobrer historias que fan grande esta competición. Así, e aproveitando que o pasado fin de semana comezou a Liga San Miguel en Málaga, o sábado pola tarde os patróns e presidentes dos 12 clubs que compoñen a ACT visitaron a fábrica do patrocinador principal da competición, San Miguel.

Unha familia, a de San Miguel, que este ano fai 10 anos connosco e é por isto que quixemos organizar este acto tan  especial para celebrar este décimo aniversario. Esta visita estivo presidida por Alberto Velasco, director de relacións institucionais de Mahou - San Miguel; Ana Argote, directora de patrocinios de Mahou - San Miguel; José Manuel Huesa, director da fábrica malagueña, e Christian Pastrana, responsábel de marketing de San Miguel en Málaga. Estes encargáronse de dar a benvida aos membros da ACT e fixeron de perfectos anfitrións. 

Tanto os presidentes como os patróns, encabezados polo presidente da ACT, Pedro Andueza, realizaron unha visita por toda a fábrica e aproveitaron para tirar a foto oficial de inicio de tempada. Despois, realizouse unha pequena cata cos produtos de San Miguel e probaron algunhas das novas cervexas 0,0.

Para finalizar o acto, Alberto Velasco aproveitou para desexar sorte a todos os clubs e obsequiounos con candanseu pequeno detalle desta xornada tan especial.  

Voltar