Novas 2017

ESPECIAL

14 Set 2017

Desenlace baixo a Ponte Colgante

Desenlace baixo a Ponte Colgante

Portugalete acollerá o domingo a XLIII Bandeira El Corte Inglés e a segunda xornada do playoff de ascenso á Eusko Label Liga

O domingo, 17 de setembro, finalizará unha nova tempada de remo coa desputa da segunda xornada do playoff de ascenso á Eusko Label Liga e a décimo oitava xornada de loita pola Coroa CaixaBank, onde coñeceremos o nome do vencedor do ansiado trofeo.

A xornada de remo comezará ás 12.00 horas coa desputa en formato contra o reloxo da segunda xornada do playoff de ascenso á Eusko Label Liga, onde os cinco participantes tentarán clasificarse entre os dous primeiros postos que dan acceso á máxima categoría do remo. Acto seguido, desputarase a XLVII GP - XLIII Bandeira El Corte Inglés, correspondente á décimo oitava e derradeira xornada da Eusko Label Liga.

O acto de presentación desta xornada de remo tivo lugar esta mañá no último andar de El Corte Inglés de Bilbao, onde estiveron presentes Carmelo Lezana, Xefe de Relacións Externas de El Corte Inglés no País Vasco; Borja Rodrigo; Presidente de ACT; Emilio Gion, de Kaiku Producha; e Mikel Torres, alcalde de Portugalete.

Dossier da regata

Voltar