Novas 2018

ESPECIAL

23 Xan 2018

Daniel Santiago marca o ritmo de xaneiro

Daniel Santiago marca o ritmo de xaneiro

O remeiro de Tirán Pereira é o encargado de conformar a primeira listaxe do ano con unha selección cargada de ritmos variados

O 2018 trae consigo unha das seccións xa clásicas, como é a playlist dos protagonistas da Eusko Label Liga. Nesta ocasión, o encargado de lle dar xeito á primeira selección do ano é Daniel Santiago, remeiro de Tirán Pereira. Unha playlist, cómpre sinalar, que non deixa ninguén indiferente. É quen de nos transportar aos sons máis escuros como Slipknot, Sepultura ou Trivium, -con dobres bombos que nos fan tremer na cadeira- e sorpréndenos con ritmos antagónicos como os de Becky G, Kid Cudi ou Andrés Calamaro. Reserva tamén un oco para o rap da man de Kase.O, Calle 13, Molotov ou o Langui. E aínda, deixa dous referentes musicais como Lory Money ou The Lonely Island, que nos axudan a comprender o sentido de humor de Santiago. 

Voltar