Novas 2013

ENTREVISTAS

15 Feb 2013

"CÓMPRE ADAPTARSE AOS TEMPOS QUE VIVIMOS"

"CÓMPRE ADAPTARSE AOS TEMPOS QUE VIVIMOS" "CÓMPRE ADAPTARSE AOS TEMPOS QUE VIVIMOS"

Pedro Andueza, presidente da ACT.

Que valoración deportiva e persoal fas da tempada 2012?

Foiunha boa tempada, porque o nivel dos clubs favorece que sexa así. A loitapolas bandeiras estivo presente en todas as regatas, e isto enriquece a Liga. Non hai nada máis importante que a competencia, a igualdade, a loita de varios rivais diferentes, xa que unha liga con un único candidato fortenon atraería os afeccionados. Como xacomentei en outrasocasións, a nivel organizativo contamos coa sorte de cara e isto realmente axuda. Cada fin de semana encoméndaste “aosdeuses” para que todo vaia ben e que cousas externas non estraguen o deportivo.

A nivel persoalfoimoi interesante, paseiaos poucos dunha visión externa a velo dende dentro. Tiven o privilexio de observar todo  “dendefóra”, e isofaimáisobxectiva a análise. Recibín un trato exquisito por parte de todos, e aprendín moitas cousas que ignoraba desta competición despois de ter estado moitos anos fóra dela.

 

O ano pasado foches tallante, o teu compromiso era para un ano, maisdecidiches seguir. Porque?

O compromiso cumprino. Entre in unha situación pouco desexábel e de aía miña reticencia. Unha vez dentro intentei, xunto cos meus compañeiros de directiva, atender a todos por igual. Na asemblea de xaneiro toda a directiva se puxo a disposición dos clubs, e coseu voto entendemos que se pode tentar dar continuidad a isto outra tempada máis. Renovamos outro ano.

 

Sénteste máis arroupado polos clubs? Parece que a votación de xaneiro reflicte que así é…

Sen entrar nestas valoracións, considero que os clubes nos conceden outra marxe de tempo. Aquí non hai clubs a favor ou en contra de ninguén, cada club tenas súas expectativas ou problemas, e trata de atopar solucións no seno asociativo. Nós estamos para intentar que así sexa, escoitando propostas e ofrecendo ideas que melloren a Liga San Miguel na medida do posíbel.

 

Que tal foia experiencia como presidente da ACT, e que obxectivos te propós para a tempada 2013?

O 2012 para min foi un ano de observación. Non podiamos nin debiamos trastocar nada importante estabelecido nese momento. Pero a tempada deu para moito, como para observar circunstancias que permiten pensar en pequenosaxustesou mudanzas destinadas a mellorar. Dez anos de Liga son moitos anos. Como en todo chégase a traballar o día a día e vas esquecendo a esencia. Este é un campo a traballar. Moitos clubs non perciben a asociación como súa, ou cando menos non tanto como édesexábel. Cónstame que é igual en outras, pero agora estouna ACT e sempre aborrecín os clubes con esta teima. Dende a xunta directiva trataremos de achegar a todos ao funcionamento da asociación, dentro e fóra dela.

 

Puxemos en marcha novos sistemas que permitirán aos clubs dispór en todo momento de toda a documentación que xurda, documentación que deben ter a mao, e que facilitará tamén axilizar as súas reclamacións. Sobre todo no ámbito deportivo. Cada minuto que pasa dende que un club é perxudicadoou así o entenden unha regata, corre nasúa contra e a burocracia interna, por moi necesaria que sexa, non debe hipotecar a ninguén.  Apréndese da experiencia e trataremos de faceristo, aplicar solucións a problemas coñecidos. Internet e o resto de tecnoloxías das que dispomos axudarán a mellorar moitos destes procesos de forma sinxela.

 

En resumo, trataremos de achegar a asociación a todos, conectar ambas partes. No aspecto deportivo os retos seguirán naliña de progresión que sempre se intentou, mantendo o nivel deportivo e organizativo. A suma dunha nova regata privada en Galiza, neste caso patrocinada polo Concello de Sanxenxo, mantén e reforza o habitual fin de semana en esta rexión. O traballo que se está facendo en Barcelona auspicia unha nova proba fóra do noso ámbito que estamos seguros será do agrado de todos os afeccionados a este deporte.

 

Arrancar a nosa Liga levando o remo a unha cidade tan importante como Barcelona é un novo intento de redimensionar a nosa competición. Sempre buscando que isto sexa en beneficio de todos, das empresas que nos apoian globalmente e igualmente a  nivel de quen o fan apostando directa e individualmente polos nosos clubs. Sen grandilocuencias, con humildade desde a nosa modesta situación pero coconvencimento de que será bo para todos.

 

Falaches da Liga San Miguel, pero la Liga Feminina tamén se consolida, é a 5ª tempada para a competición feminina.

En decembro os clubes apostaron de entrada coa continuidade desta Liga. Propúxose facelo aínda non sendo coñecedores dos apoios que poidamos recibir, que por outro lado esperamos continúen nestaliña.  Este traballo merece continuidade. O remo feminino de traíñas está a traballarmoito en Gipuzkoa, pero tamén en Galiza e até onde eu sei Bizkaia está a preparar unha traíña. Iremos vendo como se desenvolve todo. Creo que a Liga Euskotren do ano pasado mantivo a emoción até o final e iso deulle moitísima expectación como espectáculo deportivo, foimoi seguida polos medios e afeccionados. Estamos moi contentos.

 

Estamos en tempos de crise, Nótasena ACT? Cómoo están a vivir os clubs?

A asociación goza nestes momentos de boa saúde. Resaltar que todo isto é grazas a quen sempre apostou por nós e quen aposta por istonestes momentos difíciles.  A aposta dos nosos clubs por manter tan alto nivel deportivo, os nosos patrocinadores e a inestimábel axuda da ETB fan posíbel que sexamos capaces tras dez anos de ver esta consolidación e soñar xa non sóco presente, senón pensar no futuro.

 

A empresa San Miguel reforzouo seuapoio. A renovación deste patrocinio é algo máis que un asunto económico, é moi especial para nós que sigan confiando neste proxecto que eles apoiaronhaixa moitos anos. Eles teñen“moita culpa” do prestixio do que actualmente goza a ACT, son xa 8 años de relación e o futuro vese positivo. A entrada dunha entidade como a Caixa tamén a podemos medir nesaliña, igualmente vaialén do meramente económico, máxime como digo en tempos difíciles. O feito de asinar con unha empresa de tanto renome ofrece un grande apoioaonoso deporte para continuar traballando con garantía. San Miguel e La Caixa dan estabilidadeao remo e á Asociación para seguir traballando a longo prazo.

 

Por desgraza todo non se acaba coa mera organización que facemos dende a propia Asociación, os clubs son quen pechan o círculo para que isto sexa posíbel. Cada undestes debe aportar unha regata á competición. É dicir que o 60% das regatas son aportadas polos socios. O custe é enorme nestes tempos en que a maioríaveu mermar os seus patrocinios, moitos deles institucionais. Se unha regata xacarreta de por si conseguir 22.500 euros para premios, sumemos os custos de balizaxe, tribunas, megafonía, etc. Estamos a falar de moitos cartos. Este será un reto importante para o 2013, xa tratamos con eles sobre isto, e buscaremos o xeito de axudar tratando de asumir parte destes gastos dendea propia Asociación. Será un labor difícil pero queremos comprometernos no intento.

 

Como vesarealidade do remo? ACT-ARC-LGR

Hai dúas realidades, como apunto, a deportiva e a económica. O remo está ben, a diferenza marcaráa o estilo de xestión polo que teña apostado cada club. Quen se basearanas apostas económicas pasarao mal a curto e medio prazo. Aqueles que teñan adaptado as formas árealida de que vivimos, levara no mellor. Ademais quen xa practicaba este modelo nonbaseado propiamente na aposta económica, sairá beneficiado sendúbida. O noso interese e apoio centrarase, porén, na procura de axudas para a súa organización, nunca para o mantemento de planteis. A ACT creouse para organizar unha liga regular de traíñas e iso é o que facemos aquí.

 

As outras ligas véxoas igual de consolidadas. A Liga galegadeu un salto cualitativo baixoo meu punto de vista organizando ligas diferenciadas. Penso que foi un acerto.  A ambas estallesa pasar o mesmo no económico, máis problemático si cabe polas dificultades de esponsorización que existen nestes momentos. Eu animaría a institucións e empresas a colaborar en nestas ligas, son a base do remo e todo nace alí. Non hai que esquecer que este deporte é noso, é de aquí, é un dos poucos deportes autóctonos que quedan, especialmente en Cantabria y Galiza, claramente estratéxico e prioritario. Se nonlles prestamos atención estaremos coartando o futuro das traíñas. Todos os clubs, sen excepción,  enfréntanse a novas dificultades. Eu animaríaos a se adaptaren no posíbel a esta nova situación, toca manterse e afastarse de grandes proxectos independientemente da liga na que participen.

Voltar