Novas 2017
ESPECIAL
17 Xul 2017
Chega o 'Último Longo' da Coruña e Ares
Un luns máis chega a sección na que repasamos o acontecido esta fin de semana
Como cada luns, velaquí unha nova entrega do ‘Último Longo’, onde repasamos o acontecido nas dúas xornadas desputadas o sábado e domingo. Neste caso, reviviremos a adrenalina da Bandeira Cidade da Coruña e a X Bandeira Concello de Ares.
O sábado Urdaibai Avia foi a vencedora nunha regata na que as doce traiñeiras da Eusko Label Liga tiveron unha constante loita coas condicións do vento e do mar. Así e todo Hondarribia non llo puxo fácil, tras un grande segundo longo de volta, os de Mikel Orbañanos vían como se achegaban á traiñeira ‘txo’. Ao final foi preciso botar man do vídeo-finish para decidir que, por apenas 14 centésimas, a Bandeira Cidade da Coruña poñía rumbo a terras biscaínas.
O domingo porén, os dous primeiros clasificados da Eusko Label Liga viron como non deron mellorado o tempo rexistrado por Zierbena Bahías de Bizkaia na primeira quenda, e a X Bandeira Concello de Ares pasa a ser a primeira bandeira do club ‘galipo’ na historia da Eusko Label Liga.
Tras esta primeira incursión en augas galegas, Urdaibai Avia aumenta a súa vantaxe na clasificación até os cuatro puntos frente a ‘Ama Guadalupekoa’ e 8 frente Orio Babyauto. Pola súa banda, Oscar Hermo, patrón de Cabo, axexa o primeiro posto de Ioseba Amunarriz na clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón.