Novas 2013

COMPETICION

13 Ago 2013

CHEGA A REGATA DAS REGATAS, ZARAUZKO IKURRINA: TÍTULOS E EMOCIÓN SEN LÍMITES

CHEGA A REGATA DAS REGATAS, ZARAUZKO IKURRINA: TÍTULOS E EMOCIÓN SEN LÍMITES  CHEGA A REGATA DAS REGATAS, ZARAUZKO IKURRINA: TÍTULOS E EMOCIÓN SEN LÍMITES

Disputarase a dobre xornada, sábado e domingo; Zumaia Salegi Jatetxea Itziar está a un paso de gañar a Liga Euskotren e na Liga San Miguel fica aínda moito por decidir, a Coroa La Caixa volve estar no ar.

Zarautz, 13 de agosto – Zarautz sempre foi lugar de grandes batallas remeiras. É unha das regatas máis importantes de toda a Liga San Miguel e a súa ubicación no calendario trae consigo unha conxunción de loita sen tregua, emocións ao extremo e miles de afeccionados animando dende beiramar. Zarautz é unha praza sen igual para a ACT e a Asociación quere agradecer o labor do consistorio zarauztarra que un ano máis patrocinará a dobre xornada da fin de semana dotada con 40.000 euros en premios.

Este mediodía celebrouse a presentación da regata ZARAUZKO XXXVI. ESTROPADAK, en Talaiberri Txakolindegia, e a ela asistiron o alcalde de Zarauz, Sr. Juan Luis Illarramendi, e o presidente da ACT, Sr. Pedro Andueza. No acto da presentación procedeuse á entrega dunha escultura a Kaiku Ambilamp, actual líder da Liga San Miguel. A escultura é obra de Rosario Flórez (1912-2005), escultora madrileña na que destaca a súa colección de tipos vascos, entre elas esculturas de arrantzales. O representante de Kaiku recibiu unha variación da obra orixinal, “Pescador con sueste”, ou gorro de pescador. Anteriormente fíxose entrega da obra “Pescador con txapela”, cuxa copia doou a escultora madrileña ao Concello de Zarautz.

No plano deportivo, atención especial á Liga Euskotren xa que a 5ª edición finalizará este domingo, coa disputa da 2ª xornada de Zarautz. Zumaia Salegi Jatetxea Itziar toca case coas mans o trofeo de campioa xa que lle saca unha vantaxe a San Juan Iberdrola de cinco puntos. Matematicamente as pasaitarras aínda poden darlle a volta á situación, pero vista a superioridad amosada polas patroneadas por Nagore Osoro parece pouco probábel que a Liga Euskotren non volte a Zumaia.

No que respecta á Liga San Miguel – Coroa La Caixa, a regata do pasado domingo en San Pedro deixou un escenario aberto e moi emocionante. Kaiku Ambilamp parecía ter a Liga na man e con iso a Coroa La Caixa en propiedade despois de vencer a ikurriña de Hondarribia. 9 puntos a Orio Babyauto parecían ser máis que suficientes para os de Sestao, pero os aguiluchos deron o desquite en San Pedro, levando a bandeira e restando 5 puntos á Bizkaitarra. Agora son 4 puntos os que hai entre Kaiku Ambilamp e Orio Babyauto. Ollo tamén a Urdaibai Umpro Avia, ao axexo a tan só 8 puntos dos verdes de Sestao. Convén non esquecer a loita entre Zumaia e Castreña. Os guipuscoanos aumentaron a súa renda nun punto na pasada fin de semana, escasa renda que pode valer o seu peso en ouro. O mar aberto e as ondas de Zarautz poden decidir unha Liga.

Voltar