Novas 2013

COMPETICION

07 Ago 2013

A LIGA SAN MIGUEL RETOMA A ACTIVIDADE EN HONDARRIBIA E AFRONTA SEIS REGATAS CON TODO POR DECIDIR

A LIGA SAN MIGUEL RETOMA A ACTIVIDADE EN HONDARRIBIA E AFRONTA SEIS REGATAS CON TODO POR DECIDIR

A cidade guipuscoana acolle o sábado a 12ª proba puntuábel da Liga San Miguel

A Liga San Miguel retoma a actividade despois dunha semana de parada, e faino nun dos lugares que máis brillo dá á competición: Hondarribia. Non é casualidade que Hondarribia teña sido premiada como mellor organización de regata ou mellor afección remeira nos últimos anos. Alí vaise celebrar o vindeiro sábado 10 de agosto, a HONDARRIBIKO XXVI. BANDERA – MAPFRE SARI NAGUSIA.

 

Este mediodía celebrouse a presentación da regata no consistorio municipal, á que asistiron o Sr. Aitor Kerejeta, alcalde da Cidade de Hondarribia, o Sr. Jon Zalakain de Mapfre e o Sr. Jose Miguel Elduayen, presidente de Hondarribia AE. A regata masculina comezará ás 18h00, pero media hora antes disputarase unha regata da Liga guipuscoana feminina.

 

Seis puntos separan o líder da Liga San Miguel do segundo clasificado. A biscaína Kaiku Ambilamp destacouse un pouco nas últimas semanas, pero a súa renda pode ser irreversíbel xa que as biscaínas mostráronse moi regulares clasificándose case sempre entre as tres primeiras cada regata. Contodo, non hai que perder de vista a Orio Babyauto.

 

Loita pola Coroa La Caixa, e loita por moitas máis cousas. Hondarribia Orsa sairá na quenda de honra, pero só ten dous puntos de marxe respecto de Tirán-Pereira, e cinco sobre Portugalete-Eulen. Non se pode obviar tampouco o pulso que están a manter Zumaia e Castro, por evitar o descenso directo. De momento, algo de tranquilidade para os guipuscoanos, mais sen excesos, xa que catro puntos non son demasiados.

Voltar