Novas 2022

COMPETICION

13 Set 2022

A Liga Euskotren xa son 8 equipos

A Liga Euskotren xa son 8 equipos

Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancin, Cabo Cruz e Tirán completarán a Liga Euskotren 2023, á espera do que aconteza no Play Off para coñecer á 8ª tripulación.    

Así que rematou o prazo concedido aos clubs que por méritos deportivos conseguiron unha das prazas da Liga Euskotren 2023, a competición feminina vai collendo forma. En canto aos equipos da Liga Galega, Chapela renunciou á súa vaga e por isto, a Xunta Directiva da ACT acordou propór/convidar a Tirán (inscrita para participar no Play Off de ascenso á Liga Euskotren) a que ocupe unha das dúas prazas reservadas para os clubs galegos da vindeira tempada. O club de Moaña aceptou o convite/proposta co que á falta da desputa do Play Off de ascenso entre Tolosa e Deustu, a Liga Euskotren 2023 xa ten a todas as súas participantes. Deste xeito desenvólvese o acordo adoptado pola Asemblea da ACT para que na tempada 2023 haxa como mínimo dúas participantes da comunidade galega.    

Así, nas dúas xornadas do play off de ascenso que se desputarán en augas de Bermeo e Portugalete, serán Tolosaldea Arraun Kluba e Deusto Tecuni – Bilbao quen competirán pola última praza da Liga Euskotren da tempada 2023, onde xa teñen a súa praza Orio Orialki, Donostia Arraun Lagunak, Nortindal Donostiarra Ur Kirolak 100, Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín, CR Cabo da Cruz e a mencionada Tirán.

Voltar