Novas 2017

ASOCIACION

20 Mai 2017

A Eusko Label Liga arrancará o 1 de xullo en Bilbao

A Eusko Label Liga arrancará o 1 de xullo en Bilbao

Os socios da ACT reuníronse esta mañá en Ondarroa na que é a derradeira Asemblea antes do bandeirazo de saída
 

Ondarroa foi testemuña esta mañá da derradeira Asemblea da ACT antes de se poñer en marcha a décimo quinta edición da competición. Unha Eusko Label Liga, cómpre sinalar, que este ano definitivamente arrancará o vindeiro 1 de xullo en Bilbao ao non teren fructificado as negociacións por manter a regata exterior. Este encontro, que serviu para encetar o calendario destes últimos catro anos, chegou baixo o departamento de Turismo do Goberno Vasco, quen posibilitou que as nosas traiñeiras competisen en lugares tan emblemáticos como Barcelona, Málaga ou Sevilla e onde, ademais, estas cidades puideron gozar de toda a esencia da cultura e gastronomía vasca.

En calquera caso, da ACT séguese a traballar para podermos retomar esta regata inaugural proximamente e continuarmos así coa estratexia de expansión da competición. En outro fio de cousas, aproveitouse para facer un repaso dos diferentes aspectos económicos e administrativos. Tamén se deron a coñecer as conversas nas que se encontra a ACT coa AEPSAD para pechar un convenio de colaboración entre as dúas entidades. 

Unha vez rematada a Asemblea, todos os socios puideron comer na localidade biscaína onde Borja Rodrigo, Presidente da ACT, desexou a mellor sorte a cada un dos clubs que pelexarán na auga por se faceren coa Coroa CaixaBank.  

Voltar