Novas 2016

ESPECIAL

14 Xu˜ 2016

A Boga preparada para a súa lectura

A Boga preparada para a súa lectura

A guía BOGA tráenos toda a actualidade dos aspirantes a se faceren coa Coroa CaixaBank
 

Na súa décimo terceira edición, a revista Boga voltará ser durante o verán o boletín que marque a diferenza e que inclúe todas as novidades da Liga San Miguel. Nas 96 páxinas de extensión, os lectores poderán descubrir información referente tanto das doce embarcacións que competirán na Liga San Miguel, como das 8 aspirantes da Liga Euskotren. Tamén, os amantes do remo poderán atopar as localizacións das 19 xornadas que marcarán a loita pola Coroa CaixaBank.

No apartado que a revista Boga garda para cada equipo, atoparemos unha información detallada dos remeiros, así como das altas e baixas que tiveron a respecto da pasada tempada e a sección que conta as curiosidades do club, “en 4 paladas”.

Ademais, para este ano a publicación conta con catro editoriais de moita altura. Non podes perderte os editoriais que dous deportistas de elite da talla de Noé Guzman e Julen Aguinagalde realizaron para a revista. Neles, contan as emocionantes experiencias que viviron o verán pasado no mundo da traiñeira en “El remo continúa” e mais en “Cumplir un sueños”. Sergio Paredes, director da famosa regata Sevilla-Betis, e Patxi Hidalgo, ex membro do Comité Técnico da ACT, son as outras dúas persoas escollidas para presentar outra visión do remo.

Durante as 19 xornadas da Liga San Miguel repartiranse de forma gratuíta 30.000 exemplares da Boga, porén, tamén se poderá consultar a través deste link a versión online da mellor guía do remo.

Voltar