Novas 2013

COMPETICION

24 Abr 2013

A BANDEIRA LA CAIXA CELEBRARASE O 29 DE XUÑO EN LAREDO

A BANDEIRA LA CAIXA CELEBRARASE O 29 DE XUÑO EN LAREDO

Laredo acollerá a segunda xornada da Liga San Miguel 2013, regata que levará o nome e o patrocinio de La Caixa.

A segunda regata de traíñas da competición dirixida pola ACT disputarase en Laredo. A vila cántabra collerá o testemuño de Barcelona, lugar onde inicia a XI edición da Liga San Miguel de Traíñas. Esta proba será organizada pola SDR Astillero e terá a colaboración do Concello de Laredo. A regata celebrarase fronte o peirao do novo porto deportivo e pesqueiro de Laredo onde afeccionados e espectadores poderán degustar a excelencia do noso deporte. A proba, dotada con 22.500€ en premios, será televisada en directo (TVG e ETB). 

A celebración da “Bandeira La Caixa” supón para o municipio que a acolle a consolidación do seu compromiso con un dos deportes máis aprezados e respectados localmente, e no que atopou un evento idóneo ao que vincular a súa imaxe. Laredo, como referente indiscutíbel do deporte e o turismo de Cantabria, abre os seus brazos con un sentimento de aproximación ao resto da cornixa cántabro-atlántica, co municipio e o espectáculo deportivo como protagonistas.

Voltar