Novas 2026
ASOCIACION
27 Ago 2026
Bandeira Barbanza Arousa: o campo de Cabo da Cruz regresa á elite
As traiñeiras da Liga Eusko Label volven ao campo de Cabo da Cruz, un local habitual no calendario da ACT.
Este mediodía foi presentada en Boiro a IV Bandeira Barbanza Arousa da Liga Eusko Label. A cuarta edición da bandeira patrocinada pola mancomunidade de municipios desputarase a partir das 18:15 coas tripulacións da Liga Eusko Label.
O campo de regatas de Cabo da Cruz (Boiro) estivo presente en case todas as edicións da Liga Eusko Label dende 2003. Nesta edición, tras o descenso da traiñeira local na pasada campaña, o campo acolle a Bandeira da Mancomunidade. Con esta cuarta parada, a Bandeira Barbanza Arousa xa foi desputada en todos os municipios que fan parte da comarca.


